Beiras e Francisco Rodríguez xuntos para pedir a liberdade dos 12 independentistas pendentes de xuízo

Máis de 500 líderes e militantes políticos, entre eles numerosos do BNG e de Anova, representantes da economía ou do sindicalismo asinan un manifesto no que piden á Audiencia Nacional que absolva aos detidos na chamada Operación Jano.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/10/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Son xa máis de 500 as persoas que sainan un manifesto de "solidariedade" cos 12 independentistas galegos procesados na "Operación Jaro". A sinatura deste manifesto ten conquerido unir nun manifesto a dirixentes de todo o nacionalismo galego tanto sindical como político, entre eles, aos históricos dirixentes políticos Xosé Manuel Beiras, fundador de Anova, ou Francisco Rodríguez, un dos grandes dirixentes históricos do BNG e da UPG.

Xosé Manuel Beiras, líder de Anova, e Francisco Rodríguez, líder da UPG, cando os dous compartían militancia no BNG
Xosé Manuel Beiras, líder de Anova, e Francisco Rodríguez, líder da UPG, cando os dous compartían militancia no BNG | Fonte: Kopa

 

Ademais, destacan a sinatura dos secretarios xerais da CIG e da CUT, o presidente de Fruga e a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego e lideres políticos como Nestor Rego Méndez Ferrin, Carlos Morais, Antón Sánchez, Noa Presas, Ana Miranda, Rubén Cela, Paco Sebio, ou Goretti Sanmartin. Tambén personalidades do mundo da cultura  como Suso de Toro, María Xose Silvar "Ses", Xurxo Souto, Antón Dobao ou Xosé Mª Álvarez Cáccamo.

 

A lista inclúe, ademais, integrantes de movementos sociais, feministas, ambientalistas, da mocidade, do movemento veciñal, do ambito academico, ensaístas, historiadores ou  economistas. Todos e todas rexeitan o xuízo a 12 persoas vinculadas ás organizacións Causa Galiza e Ceivar que ten lugar os próximos días 19, 20 e 21 na Audiencia Nacional e que están acusadas de “pertenza a banda criminosa” e “enaltecimento do terrorismo”. Uns feitos polos que a Audiencia nacional pide penas que van de 4 a 12 anos.

 

O manifesto di que non "existe fundamento real" que ampare as acusacións e "muito menos as peticións de condena que se solicitan". "Non podemos observar con pasividade o desenvolvemento de operacións de montaxe policial e de impulso de intentos de criminalización e ilegalización de organizacións políticas, independentistas neste caso, porque máis alá do seu obxectivo concreto e próximo, tolerar estas derivas implicaría aceptar o recorte de dereitos e liberdades", recolle.

 

Neste sentido, destaca que as peticións de condena formuladas forman parte fundamental dunha resposta "con clara inspiración autoritaria e represiva, inserida lonxe dos valores de tolerancia e liberdade que deben guiar a acción xudicial e fiscal". Por iso, piden á Audiencia Nacional que absolva as persoas encausadas, lle restitúa todos os seus dereitos, así como os das organizacións acusadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 valoracion obxetiva...

Eu non.... co señor CON V(be pequena) IEIRAS nen agua... nen nada... nada!!!! Galiza pola sua liberdade e grandeza... unha Galiza pura sen contaminación, sen mesturas patoxenas, sen mestizaxes mutaxenicos.... Galiza sera libre pese a quen pese!

1 Gamela

O Beiras fala con voz propia, https://youtu.be/mhTFOe35BbU?t=3010 Non precisa o permiso da UPG para dicir o que pensa ! E lémbrote que de facerlle caso hoxe non estarías na oposición senon gobernando Galicia!

2 nostrus tumbanaciotas

Estes caraduras pretenden xuzgalos eles porque os acusados son da súa calaña. Seguro que si os feitos fosen os mesmos e os acusados fosen do entorno de Vox non se moverian tanto ¿ou sí?. Esperemos que a Audiencia Nacional saiba facer o seu traballo e non lle faga caso.

1 Gamela

E podemos asinar todos ou é só para a peña nacionalista ? Onde se asina ese Manifesto?

1 Sentidiño

Non sei se se poden copiar ligazóns externas. O enderezo é moi doado de lembrar: está en https://docs.google.com/forms/d/e/1...