Dispáranse os contaxios masivos en residencias: 150 infectados novos en dous centros de Ourense

Hai 106 novos infectados nun centro de Pereiro de Aguiar e outros 46 en Monterrei.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/10/2020 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Os focos masivos en residencias, lonxe de controlarse, agravanse. As autoridades sanitarias detectaron dous novos gromos de grandes dimensións en residencias da provincia de Ourense, a máis afectada en Galicia nestes momentos pola covid-19, que suman máis de 150 infectados.

En concreto, trátase da residencia Os Gozos, de Pereiro de Aguiar, onde se detectaron 106 novos contaxios de coronavirus, así como a residencia Val de Monterrei, onde hai 46 usuarios infectados.

Con iso, na residencia de Pereiro de Aguiar son xa 109 os maiores contaxiados, o que a converte no segundo centro de Galicia con máis casos tras a DomusVi Lugo, de Outeiro de Rei, que mantén 130 casos activos, aínda que neste caso están en diminución.

Así mesmo, a residencia Val de Monterrei, con 46 afectados, convértese na terceira con máis casos, unha cifra que iguala con outro centro da provincia de Ourense, Nosa Señora do Viso, de Lobeira. A Residencia do Incio, pola súa banda, mantén 42 usuarios infectados.

A evolución da covid-19 na provincia de Ourense nos últimos días levou á Xunta a impor nesta provincia algunhas das medidas máis duras para a súa contención, entre elas o confinamento perimetral da cidade de Ourense e do municipio de Barbadás, que están pechados desde esta medianoite.

Un traballador protexido é visto por un dos cristais da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador protexido é visto por un dos cristais da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

OUTRAS RESIDENCIAS AFECTADAS

Continúan activos 13 contaxios na residencia Santa Marta de Vigo, onde na última xornada foron dados de alta catro casos, e 11 na residencia As Salinas de Ourense, onde tamén se produciu unha curación.

A Residencia Ballesol de Oleiros rexistrou o falecemento dun dos seus usuarios enfermos, e mantén seis casos, un máis da Torrente Ballester da Coruña, que no último parte da Xunta suma dous novos contagios.

Sen cambios mantense a situación na DomusVi Coruña de Oleiros, con dous casos, a residencia de Arteixo, cun, Nosa Señora dos Milagres de Barbadás, cun, e a residencia Virxe Branca de Ourense, onde tamén hai un caso activo. Pola contra, na Comunidade baixan os traballadores de residencias afectados pola covid-19, que pasan dos 107 deste mércores aos 99 comunicados o xoves.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 Riolo

Es muy significativo que los terraplanistas y negacionistas del COVID19 sean casi todos del BNG. Luego entendemos porque los rapaces no hablan gallego tras su paso por el profe pirado del instituto que suele ser de la misma secta.

1 Sentidiño

Si, e todos eles se manifestan no barrio de Salamanca berrando viva hitler... Son profes pirados que non ensinan aos rapaces a distinguir "porque" de "por qué".

2 Riolo

Lo de dar alabanzas al líder de los nacional socialistas alemanes también es muy propio, en privado, de los nacionalsocialistas gallegos. Normal, les une el odio a los judíos, la identificación de la patria con el idioma, la obediencia ciega al jefe, el supremacismo racista.

2 AP4q

Estou con Ana, a suposta pandemia é a gripe, magnificada para controlar a población.

1 gggg

O gripe nunca matou vellos en residencias masivamente. Sempre houbo algún morto pero os demais nin o pillaban. con este virus contáxianse residencias enteiras e morre o 40% deles. O resto é dicir chorradas. O capitalismo non quere controlar a poboación máis que para gañar máis cartos e con esta pandemia a economía vai de Kú. Malo para eles.

2 xbVh

Os vellos morreron pola desatención nas residencias causada polo suposto covid. Canto máis ruina máis negocio para algúns.

3 c52g

O que matou os vellos nas residencias foi o abandono polo medo ó suposto covid.

1 Ana

Eu teño claro 4 cousas que vou facer: apagar a tv, respirar, non vacunarme da gripe e vivir lonxe de certas antenas. Ah!, e informarme sobre todos os dereitos que garante a Constitucion e que non se poden vulnerar ninsequera nun "estado de excepcion", menos ainda nun "estado de alarma". Tamen me vou informar sobre a "fiabilidade" dos test PCR e sobre si a OMS recomenda ou non usar mascarillas. Teño que informarme de moitas cousas e ainda sigo agardando por coñecer o chamado "comite de expertos".

1 Gamela

Ao mellor esqueciches mercar armas, aquí tes alguns enderezos de interese... ;-) https://es.wikipedia.org/wiki/Fusil...

2 Caz Urro

Pois a xente morre cada vez máis. Haberá que esperar outra vez a ter 800 mortos diarios para que nos confinen outra vez a todos. Xa fuches poñer cueiros ás residencias de ancians, a escape libre, sen EPIS, porque como o virus non existe non che vaia pasar nada. Dicía o filósofo Gorgias: a verdade non existe, se existise non poderiamos coñecela e se a coñecésemos non poderiamos transmitila. Pois iso Ana, o virus non existe, se existise non te contaxiaría e se te contaxiaras non che pasaría nada.

3 Gamela

Suxerencia: O virus non existe, se existira non poderíamos coñecelo, se poidesemos coñecelo sería imposible comunicarlle a Ana que como o pille imos visatala en Boisaca!