Investigado por entrar á forza nun matadoiro de Celanova e roubar 150 kg de carne

O home, veciño de Merca, está acusado dun delito de roubo con forza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2020 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

A Garda Civil tomou declaración en calidade de investigado a un veciño da localidade ourensá de Merca polo roubo de 150 quilos de carne no matadoiro da localidade ourensá de Celanova.

Segundo informou o Instituto Armado, tomou declaración en calidade de investigado a J.C.R., de 40 anos de idade e veciño da Merca, como presunto autor dun delito de roubo con forza.
Os feitos ocorreron no matadoiro de Celanova onde, tras forzar unha xanela, accedeu ao interior e apoderouse de 150 quilogramos de carne de tenreira valorada en 2.100 euros, indicaron as mesmas fontes.

Imaxe de arquivo de carne de boi. Fonte: Concello Allariz
Imaxe de arquivo de carne de boi. Fonte: Concello Allariz

ROUBO CON FORZA CON FORZA

Por outra banda, a Garda Civil de Viana do Bolo tomou declaración en calidade de investigados a F.E.G., de 24 anos, e E.R.L., de 21 anos, veciños de Fornelos de Cova (Viana do Bolo) como presuntos autores dun delito de roubo con forza nas cousas. Os feitos que se lles imputan sucederon o 13 de outubro nun autolavado situado en Camponayara (León) onde, tras forzar as máquinas de recadación, apodéranse de todo o diñeiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta