A Xunta autoriza transvasar augas contaminadas desde a mina de Touro

Adega denuncia que Augas de Galicia permite o transvasamento por sete meses de tres regatos contaminados polos residuos da mina de Touro. Apuntan que é unha acción temporal mentres buscan “unha solución definitiva”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/11/2020 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) denuncia que Augas de Galicia aprobou a inciativa de Explotaciones Gallegas S.L., para o transvasamento de tres regatos contaminados por residuos da mina de Touro.

Drenaxe áceda da mina de Touro ao seu paso por un regato.
Drenaxe áceda da mina de Touro ao seu paso por un regato. | Fonte: Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON

En concreto son os regatos Portapego, Felisa e Angumil que están drenando residuos procedentes da antiga explotación mineira e que van parar ao río Ulla. A idea de Explotaciones Gallegas S.L., é a de desviar estes regatos á balsa de Vieiro, informa ADEGA. Esta balsa só tería capacidade para sete meses de almacenamento das augas destes tres regatos.

Desde a asociación ecoloxista denuncian que a empresa non propuxo ningunha solución posterior ao almacenamento das augas contaminadas. Non se sabe “se rematarán os bombeos e volvendo á situación actual ou se enviarán estas augas a outra balsa”. Engaden tamén que a balsa de Vieiro actualmente sofre numerosas filtracións que acaban en verteduras ao río Brandelos, contaminando un maior número de acuíferos.

Logo da autorización de Augas de Galicia, a empresa deberá presentar un proxecto definitivo pasados tres meses da drenaxe temporal. As obras teñen un ano de prazo máis os sete meses de operación de transvasamento.

Por outra parte, ADEGA sinala que estas obras, a case un ano da Declaración de Impacto Ambiental negativa por parte da Xunta para reabrir a mina, poden ter detrás a intencionalidade de elaborar un novo proxecto de explotación mineira.

Sobre isto último, a asociación ecoloxista sianala a súa preocupación ante a “manifesta intención da Xunta de facilitar ao máximo a tramitación destes proxectos”. Como exemplo poñen a eliminación de atrancos administrativos e a axilización de trámites tal e “como anunciou Alberto Núñez Feijóo”.  Lembran así a “Lei de Depredación” coa que intentou reabrir a mina de Touro, mais agora a diferenza está en que “xa estarían sometidos os novos proxectos que presente a mineira”.

A axilización anunciada pola Xunta faría que as “consideracións de Augas de Galicia ou de calquera ouutro departamento xa non serían determinantes, e o proxecto mesmo podería ir adiante con informes negativos, e tramitarse na metade de tempo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 miñoca

ADEGA : Augas de Galicia, de momento, non permite nen autoriza nada, hai unha Resolución non definitiva que está sometida a RECURSOS DE ALZADA. que deben estar ben argumentados. As obras, si é que se fan, non poderían empezar antes do mes de maio de 2.021, Hai que obter licenza do Concello.etc Calma, sen alarmismos,

2 miñoca

RECURSO DE ALZADA: prazo un mes para interpoñelo. Así que todos a traballar sen derrotismos nen postureos

1 miñoca

Non é exactamente como di ADEGA. por certo,¿ presentou alegacións, ou refirese ás presentadas polo único concelleiro do BNG en Touro