Temas: BOVINO GANDERíA

Galicia pedirá ser declarada zona indemne á tuberculose bovina

A prevalencia é do 0,03%, por debaixo do 0,1% que esixen as autoridades europeas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/11/2020 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

Galicia solicitará no primeiro trimestre do ano 2021 a concesión do estatuto que a certifica oficialmente como rexión indemne á tuberculose bovina, tendo en conta que se alcanzaron os requisitos mínimos esixidos. Diso informou o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, na súa comparecencia este mércores ante a Comisión 7ª do Parlamento que Galicia para responder a unha pregunta formulada polo Grupo Popular sobre o balance das campañas de saneamento gandeiro.

Vacas pastando nun campo galego
Vacas pastando nun campo galego | Fonte: Xunta.

Balseiros avanzou a solicitude deste estatuto co que xa conta a provincia de Pontevedra que, no ano 2019, se converteu na primeira provincia da Penísula Ibérica en conseguir esta consideración.

Deste xeito, Galicia pedirá oficialmente esta condición ante as autoridades europeas ao alcanzar os niveis de pravelencia da enfermidade esixida, que obrigan a ter unha incidencia de rabaño inferior ao 0,1% no últimos seis anos.

O país presenta nese parámetro unha prevalencia do 0,03%, ademais de ser "xa libre" de patoloxías como a brucelose bovina, ovina e cabruna, a leucose enzoótica bovina e a perineumonía contaxiosa bovina.

Con todo, incidiu en que todas estas enfermedas continúan sendo monitoradas e controladas a través de programas nacionais de erradación co obxectivo de que Galicia continúe con "bos datos" no referente á saúde dos animais.

Temas: BOVINO GANDERíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta