O futuro é Kamala Harris

A persoa vicepresidenta dos USA ten, constitucionalmente, moi poucas funcións. Só as de substituiren á persoa presidenta no caso de incapacidade, demisión ou morte e presidiren o Senado con voto cualificado no suposto de empate.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 08/11/2020

Comparte esta noticia
Cando un partido ten, polo menos, 51 senadores sobre os 100 totais os vicepresidentes non adoitan concorrer ao Senado e delegan a súa función. Velaí que a elección da primeira muller vicepresidenta ( filla de persoas pertencentes ás minorías raciais)  non lle garanta exercicio do Poder no curto prazo á electa Kamala Harris. Se o presidente non cesa a vicepresidenta non ten máis funcións que as que lle poida encargar o presidente.
 
Mais desta volta é difícil que este conto vaia ser o mesmo. Biden cumpre 78 o 20-N, o que incrementa (tampouco tanto) o risco de substitución a prol de Harris na presidencia. O que si abre substancialmente  é a probabilidade  que non repita como candidato, o que incrementará as posibilidades da californiana de ser a candidata demócrata no 2024.
 
Este feito esixirá da vicepresidenta unha ampla presenza política que a faga presente en todos os recunchos dos USA. Mais, a carón desta esixencia, Karmala Harris haberá desenvolver dende o minuto un “in office”   unha axenda de reivindicación feminista e dos dereitos das minorías con propostas concretas que diminúan as radicais divisorias de renda e oportunidades da poboación branca coas minorías de cor. Propostas de radical defensa dos dereitos humanos diante da brutalidade policial. E de reivindicación dunha sanidade pública para todos, no ronsel da Obamacare.
 
Fronte desta axenda Harris terá boa parte das elites do Partido Demócrata-PD- (os Clinton, a presidenta da Cámara Baixa Nancy Pelosi ou o propio Presidente eleito Biden), mais a vicepresidenta é a única ponte viábel entre a Casa Branca e a á esquerda do partido, representada polos socialdemócratas de Sanders e por boa parte dos membros dos  Socialistas Democráticos Americanos -SDA- (onde partillan as deputadas federais da Cámara Baixa Alexandra Ocasio-Cortez e Rashida Tlaib) e os movementos sociais, entre eles o Black lives matter. Unha á esquerda  que non vai ficar parada en canto decorran meses sen enfrontar solucións dende Washington a respecto dos fondos problemas de racismo e inxustiza social da América de 2020.
 
É verdade que Karmala Harris non é, porén, unha revolucionaria, senón unha progresista pragmática que non dubidou en desenvolver  un relato de law and order cando foi fiscala en San Francisco (2004-2011). Mais como senadora e candidata defendeu propostas que, sen chegar ás de Sanders, Ocasio-Cortez e Tlaib debullan unha axenda vencellada ao progreso das minorías e das persoas en risco de exclusión.
 
Porén, cómpre lembrar que USA é un sistema federal onde a Administración de Washington ten amplos poderes nas políticas de defensa e exterior e capacidades moito máis curtas na política interior, só vencelladas á lexislación de dereitos civís, mercantil e laboral, as grandes infraestruturas comúns e ao financiamento de determinados programas de axuda sanitaria e social que poidan executar as Administracións estatais e locais. 

kamala Harris, vicepresidenta dos EE.UU.
kamala Harris, vicepresidenta dos EE.UU. | Fonte: wikipedia
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.