Denuncian que a Xunta "incumpre sistematicamente" a lei coa súa xestión de interinos e substitutos

Dende a CIG denuncian Educación impide a reserva de postos a persoal que se atopa de baixa, un feito que iría contra a propia normativa autonómica.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Nova denuncia de CIG-Ensino sobre a política de contratación da Xunta de Galicia. Neste caso, o sindicato vén de cargar contra a Consellería de Educación porque considera que está a incuprir a súa propia normativa sobre a contratación de persoal docente interino e substituto. A ilegalidade radicaría en que, segundo o sindicato, a Xunta impide a reserva de postos ao persoal que se atopa de baixa.

Unha profesora coloca carteis de medidas preventivas ante o COVID-19 na aula. Álex Zea - Europa Press
Unha profesora coloca carteis de medidas preventivas ante o COVID-19 na aula. Álex Zea - Europa Press

 

Esta circunstancia, apuntan dende a formación, choca frontalmente contra o principio recollido no artigo 16.3 do texto sobre acceso e condicións de traballo deste tipo de persoal. Nel sinálase que “aquelas persoas que non poidan tomar posesión por encontrarse de baixa por enfermidade reservaráselles o posto ata que se encontren en situación de alta, e nomearase mentres outro profesor substituto”.

 

Ante estas circunstancias, dende o sindicato non dubidan en apuntar que "é a propia Consellaría a que incumpre sistematicamente a norma", xa que estaría "limitando esta reserva para persoas de baixa médica ás tomas de posesións relacionadas coa adxudicación do CADP (Concurso de Adxudicación do Destinos Provisionais)".

Para o sindicato, o presunto incumprimento das normas de acceso do persoal substituto é "máis grave, se cabe, neste momento", xa que a Consellaría de Educación está a nomear a todo o persoal do programa ARCO con "contratos equivalentes a unha substitución". "Así, a docentes de baixa médica xa se lles comunicou que non se lles reserva o posto de traballo, o que para a CIG-Ensino é unha clara discriminación co resto do persoal interino e substituto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta