Temas: YOUTUBE

537 vídeos e 68 canles compiten nos Premios Youtubeir@s, que se coñecerán en decembro

Debido á pandemia sanitaria, substituirá a gala de entrega por unha serie de entrevistas cos finalistas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/11/2020 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Un total de 537 vídeos e 68 canles compiten nos Premios Youtubeir@s, que darán a coñecer as creacións gañadoras desta cuarta edición a principios de decembro. Debido á pandemia sanitaria, substituirá a gala de entrega por unha serie de entrevistas cos finalistas das categorías principais e gañadores.

As charlas estarán conducidas polos poetas María Lado e Lucía Aldao e emitiranse ao longo de todo o mes de decembro a través da plataforma 'youtube'.

O xurado desta cuarta edición estará conformado por Brais Romero, Rosa Moreiras, Matías Terrío, Xoana e Mabel Montes.

'Youtubeir@s' é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago e Teo, así como do tres universidades galegas e a Deputación da Coruña.

Imaxe promocional dos Premios Youtubeir@s.
Imaxe promocional dos Premios Youtubeir@s.

Temas: YOUTUBE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta