Temas: FRASEOLOXíA

“Mandar ó nabizo”, equivalente, entre moitas outras, á castelá “mandar a freír espárragos” (2ª parte)

Tamén, xunto con moitas outras, “mandar por aí (adiante)” ou “mandar a muxir as pitas”. O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 29/11/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Retomamos, pois, a temática fraseolóxica principiada na anterior entrega e rematamos cos xeitos de dicir que temos rexistrados en galego para despedir ou desfacerse de alguén –ou para rexeitar ou mostrar desacordo con el ou con algo que acaba de dicir– dun xeito acedo e áspero, tocando sobre todo desta volta certas expresións que están máis asociadas a ámbitos de uso moi coloquiais, ou mesmo vulgares.

Prato de grelos
Prato de grelos | Fonte: Páxinas Galegas

Mandar a alguien a freír espárragos # a freír buñuelos # a freír monas # a freír churros # a hacer gárgaras

{= Expresións que se empregan para despedir ou desfacerse de alguén, ou ben para rexeitar ou mostrar desacordo con el ou con algo que acaba de facer ou dicir, dun xeito un tanto acedo e áspero.}

Mandar por aí (adiante)

Mandar a dar unha volta (por aí [adiante])

Mandar a muxir as pitas # as galiñas

Mandar a tocar o pendín

Mandar a capar o grilo

Mandar a rozar o toxo

Mandar a esfolar canas

Mandar a fender vimbias

Mandar a sementar fabas

Mandar a tocar o zoco # a zoca

Mandar a ver se chove (aí fóra) # a mirar se chove (aí fóra)

Mandar a pastar # a sachar # a murar # a regar # a rezar # a arrolar # a durmir # a durmila

Mandar para a cacha da cinsa

● E inda tamén:

Mandar al infierno # al demonio # al diablo

Mandar ó inferno # ó demo # ó demoño

● Tamén, probablemente asociadas a ámbitos de uso máis populares ou coloquiais:

Mandar a hacer puñetas

Mandar a rañala # a rañar os pés

● Tamén, inda máis identificadas con usos moi coloquiais, e mesmo vulgares:

Mandar al carajo && Mandar a la mierda && Mandar a tomar por (el) culo

Mandar ó carallo && Mandar á merda && Mandar a tomar polo cu && Mandar a rañar o carallo # a caralla # os collóns # as bólas # as pelotas && Mandar a rañar a cona # a paxara && Mandar a lavar o carallo ó río # á cona ó río && [E MAIS, SE CADRA COMO EXPRESIÓNS QUE SE INTÚE QUE PRETENDEN SER UN POUQUECHIÑO MÁIS ATENUADAS CON RESPECTO ÁS SÚAS CORRESPONDENTES ANTERIORES]: Mandar á merda cunha cesta && Mandar á merda cunha cesta, antes de que lle[me, che, nos...] esqueza && Mandar á lorda && Mandar a rañar o cu # a gaita # os collofes && Mandar a facer a pera

Ex.: Se se che pon moi pesado mándao ó carallo á merda a rañar os collóns á merda cunha cesta, antes de que che esqueza a lavar o carallo ó río.

● Inda tamén, seguindo no eido dos usos populares e coloquiais:

Mandar a cagar # a buscar la cagada del lagarto (, que vale la onza a doblón)

Mandar a cagar # a cagar de campo # a cagar detrás do palleiro # a cagar na patela # a cagar dun carro abaixo e lamberlle as apeladoiras # a cagar onde cagou onte (, que fai máis grande monte) # a cagar dun fento embaixo e que despois lle lamba a raíz

NOTAS:

1. Como xa indicabamos na anterior entrega, non está de máis salientar que as frases preposicionais por aí e por aí adiante se poden engadir –ou, en ocasións, mesmo intercalar– en bastantes das expresións que se reflicten no presente artigo. Exs.: vai cagar por aí (adiante); vai rañar o cu por aí (adiante); vai tomar polo cu (por aí adiante); etc.

2. A forma collofes vén a ser unha variante eufemística de collóns.

3. A forma collofes vén a ser unha variante eufemística de collóns.

4. A locución facer a pera (tamén hacerse la pera en castelán) fornece o significado de “masturbarse”.

5. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía en Sebil, 2”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 15, 2013, páxs. 441-462. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

- VV.AA.: Unha maré de palabras (Contribución ao léxico do Morrazo). Xunta de Galicia–Museo Massó, 2005.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta