Preocupa a evolución do Salnés, onde case todos os indicadores están en "valores de alto risco"

Muxía presenta unha taxa acumulada a 14 días de 751,6 casos por 100.000 habitantes, mentres que a de Dumbría é de 704

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/11/2020 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

Unha das áreas de Galicia que preocupan ás autoridades sanitarias en relación á evolución da covid-19 é a do Salnés, onde, a pesar das medidas restritivas impostas en boa parte dos seus municipios, non melloraron os indicadores.

En concreto, o informe dos expertos apunta a que "os datos seguen sen mellorar" nesta área, o que "indica que o gromo aínda non está controlado", tal e como recolle a orde de medidas publicada a última hora deste venres no DOG para incluír nas restricións da zona a Meaño, Meis e Ribadumia.

En particular, alertan de que "case todos os indicadores de risco da comarca mostran criterios con valores de alto risco", como a incidencia acumulada a tres días, o número e pacientes que ingresan en unidades de hospitalización ou a porcentaxe de PCR positivas entre os contactos estreitos dun caso confirmado".

Meis ten unha taxa acumulada a 14 días de 521,8 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que Meaño e Ribadumia están en 493,2 e 316,7 casos cada unha, respectivamente.

Paralelamente, "a transmisión séguese mantendo", cun índice de reprodución por encima de 1 e a xente nova mantense como o grupo no que "se recollen as taxas máis altas" de contaxios.

CEE, DUMBRÍA E MUXÍA

A outra área que se incorpora aos peches perimetrales é a de Cee, Dumbría e Muxía, na Costa da Morte, onde os expertos sanitarios ven tamén indicios de preocupación.  O principal foco nesta área é Muxía, recolle o DOG, cunha taxa acumulada a 14 días de 751,6 casos por cada 100.000 habitantes. En Dumbría, pola súa banda, hai unha taxa de 704 casos por 100.000 habitantes a 14 días e en Cee é de 238,5.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.. XUNTA | Fonte: CONCHI PAZ - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta