Accidentes, caída de árbores e moito vento e neve... Así está sendo o paso de Dora

O temporal deixa unhas 300 incidencias en Galicia, gran parte na provincia de Lugo pola presenza de neve.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2020 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

Case 300 incidencias foron rexistradas en Galicia desde as 20,00 horas do xoves ata as 18,00 horas deste venres relacionadas co temporal que afecta a Galicia, con episodios de neve e tamén de ondada na costa.

Por provincias, a de Lugo foi a máis afectada, con 109 incidencias inscritas. Ademais, na Coruña rexistráronse 79, seguida de Pontevedra con 72 e de Ourense, con 37 incidencias. A maior parte destas estiveron relacionadas con dificultades ocasionadas pola neve (162). Tamén as árbores ou gallas caídas nas estradas representan unha boa porcentaxe dos avisos xestionados (58).

Por concellos, oito incidentes tiveron lugar o Guntín, mentres que Palas de Reis e Sarria suman un total de seis cada un. Na provincia da Coruña, houbo 11 incidentes na cidade herculina, seis en Curtis e 5 en Melide.

Pola súa banda, en Ourense, o 112 destacou o caso de Lobeira, con catro avisos e de Nogueira de Ramuín, con tres. Por último, na de Pontevedra, o concello de Forcarei rexistrou ata sete incidencias, mentres que os de Lalín, Rodeiro e Vigo tres cada un deles.

ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN

O 112 Galicia sinalou que as condicións meteorolóxicas adversas tamén puideron influír no número de accidentes rexistrados este venres, maioritariamente, sen feridos. En concreto, nas últimas horas, desde as 12,00 horas do mediodía ata as 18,00 horas desta tarde foron rexistrados un total de 40 accidentes, ningún deles de consideración.

Entre iso, o 112 destacou que en Beariz, ás 15,30 horas, o chofer dun quitaneves informou ao 112 Galicia de que chocara contra un turismo, na N-541, preto do quilométrico 50. Neste caso, a condutora do coche necesitou ser atendida polos servizos sanitarios de urxencia.

Por outra banda, ás 15,30 horas rexistrouse unha colisión múltiple con tres vehículos implicados en Xunqueira de Espadanedo debido á neve. O accidente tivo lugar no alto do Couso . Afortunadamente, ningún dos ocupantes dos vehículos resultou ferido.

Así mesmo, minutos antes das 16,00 horas, un muro caeu sobre un coche aparcado nun estacionamento municipal, na rúa Alcalde Manuel Portela, en Lugo, sen causar danos persoais. Ademais, ás 16,15 horas, o persoal dun colexio da parroquia de Visma (A Coruña) comunicaba ao 112 Galicia que o vento levantara parte da cuberta do pavillón. Por iso, solicitaban ao 112 Galicia axuda para garantir as condicións de seguridade no recinto.

Vista da A6 en Doncos, en Lugo, Galicia (España), a 4 de decembro de 2020. Hoxe produciuse a primeira gran nevada do outono na montaña lucense. A intensa nevada que está a caer sobre o centro da provincia de Lugo está a provocar problemas. Carlos Castro - Europa Press
Vista da A6 en Doncos, en Lugo, Galicia (España), a 4 de decembro de 2020. Hoxe produciuse a primeira gran nevada do outono na montaña lucense. A intensa nevada que está a caer sobre o centro da provincia de Lugo está a provocar problemas. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta