Sabes que son as casas pasivas?

Estas son as claves para coñecer o estándar passivhaus co que aforrar ata un 75% de enerxía nos fogares.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 04:00

Comparte esta noticia

Tanto no verán como no inverno gustaríanos ter unha casa que non gastase tanta enerxía nin para quentarse nin para arrefriarse, e é aquí onde entran as passivhaus, as casas pasivas.

Unha casa con tecnoloxía Passivhaus
Unha casa con tecnoloxía Passivhaus | Fonte: remitida

A principal vantaxe destas casas é que necesitan moi pouca enerxía ao longo de todo o ano, de maneira que a nosa factura enerxética se reduce drasticamente, ademais de que apenas contaminamos.

O ESTÁNDAR PASSIVHAUS

Cando falamos de passivhaus véñennos á mente as casas pasivas, pero realmente refírese a un estándar para construír vivendas que chega a aforrar ata un 75 % da enerxía con respecto á que se gasta nunha casa recentemente construída.

Este estándar ten unha meta moi ambiciosa, que consistente en que unha casa só pode gastar 15 kWh por metro cadrado tanto para quentarse como para refrixerarse.

EXISTEN ESTE TIPO DE VIVENDAS?

O estándar do que falamos non é algo teórico e xa hai casas deste tipo. Calcúlase que se construíron 25 000 casas usando este método, unhas casas que están sobre todo en Alemaña e Austria.

Nestas zonas o clima é extremo no inverno, polo que ten todo o sentido construír casas pasivas para aforrar a máxima cantidade de enerxía, aínda que o certo é que en climas como España estas casas terían cabida, sobre todo no verán. Tamén no inverno en moitas zonas do centro peninsular.

COMO SE CONSEGUE UNHA CASA PASIVA?

Unha casa pasiva conséguese planeándoa desde a súa construción, aínda que se pode obter unha certificación, como veremos despois.

Centrándonos en como conseguir unha casa pasiva, o primeiro é illar toda a casa para conseguir que tanto a calor que haxa dentro como o aire fresco non se escapen se nós non o desexamos.

Para iso hai que encerrar todo aquilo que dá ao exterior na nosa vivenda e que son as zonas polas que a calor entra e sae.

Ademais, hai que eliminar as pontes térmicas, zonas de unión entre materiais polas que se perde calor, como os marcos de aluminio das xanelas nos que adoitamos ver con condensación debido ao problema da ponte térmica.

Por último, nós debemos ter o control total do aire que sae e entra da nosa vivenda. Deste xeito, poñeranse recuperadores de calor que consegue nquentar o aire frío do exterior ou arrefrialo dependendo da época do ano.

CERTIFICADO ENERPHIT PARA VIVENDAS XA CONSTRUÍDAS

O certificado passivhaus pódese conseguir para casas novas, pero se xa temos unha casa e nos preocupa tanto o gasto enerxético como o medio ambiente, podemos conseguir o estándar EnerPHit á hora de rehabilitala.

Este estándar, que provén do Passivhaus-Institut, é máis permisivo, pero certifica que a nosa casa é moito máis eficiente que a inmensa maioría de vivendas.

Para recibilo hai que conseguir que a vivenda non demande máis de 25 kWh por metro cadrado.

Coa certificación EnerPHit seranos máis fácil vender a nosa casa e alugala, pois podemos demostrar que as persoas que a adquiran ou a aluguen gastarán moi pouco diñeiro tanto en calefacción como en aire acondicionado, aforrando unha enorme suma de diñeiro todos os anos e durmindo tranquilos porque apenas contaminan o medio ambiente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta