Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2020 | Actualizada ás 20:26
A Xunta lanzou unha nova versión da súa aplicación 'PassCovid', que agora será "máis intuitiva" e terá "novas funcionalidades", segundo destacou o Goberno galego. Unhas actualizacións que chegan cando esta ferramenta non acaba de ter os resultados desexados.
Así, esta 'app' posibilita agora a autodeclaración de contactos para que as persoas que estivesen en contacto cun positivo por coronavirus poidan trasladar esta información desde o móbil ata o centro de seguimento de contactos da Consellería de Sanidade.
Outra das novidades, informa a Xunta, é que "se simplifica o acceso", de modo que se evita a obrigatoriedade de elixir entre entrar como usuario anónimo ou identificado. Ademais, está a activarse "progresivamente" o rexistro de establecementos nos que estivo a persoa.
Desde finais de outubro, de acordo con cifras do Goberno galego, máis de 58.000 persoas descargaron 'PassCovid', que ofrece aos usuarios unha canle de contacto coas autoridades sanitarias, así como información actualizada da situación da pandemia e das restricións vixentes en cada municipio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.