Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/10/2025 | Actualizada ás 11:03
Adif, o operador ferroviario, anunciou que xa está reestablecido o servizo ferroviario, puntualmente paralizado esta mañán, entre Santiago e Ordes por "accidente dunha persoa" ao atoparse o cadáver dunha persoa na vía. O anuncio fíxoo ás 10.52 horas da mañán deste luns, 20 de outubro. O servizo quedou reestablecido sobre as 12.00 horas.
A incidencia, segundo apuntou, afecta só aos trens que fan o traxecto Santiago- A Coruña. Polo momento, investiganse as causas deste suceso. Adif decidiu ubicar aos viaxeiros dos trens de longa e media distancia afectados en autobuses para facer o traxecto entre as dúas cidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.