Novo reparto de axudas da Xunta aos grandes medios: 1,75 millóns en plena crise da covid

O Grupo Voz volve ser o máis beneficiado, con case a metade do importe. Esta axuda é a maiores dos millóns de euros que estes medios reciben ao longo do ano en concepto de convenios e publicidade coas distintas consellerías.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/12/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia segue sendo unha das principais vías de financiamento dos grandes grupos mediaticos de Galicia. Ano tras ano, o Goberno de Feijóo inxecta millóns de euros en convenios publicitarios que subscriben as distintas consellerías e tamén a Secretaría Xeral de Medios. Precisamente, este departemento volve destinar cando acaba o ano unha nova remesa de cartos. Unha cantidade que supón máis de 1,752 millóns en concepto de "axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radidifusión"

Prensa e poder. Centos de millóns ameazan a liberdade dos xornais', titulaba a revista Galicia Internacional en 1996. 24anos despois o sistema de reparto segue a ser o mesmo
Prensa e poder. Centos de millóns ameazan a liberdade dos xornais', titulaba a revista Galicia Internacional en 1996. 24anos despois o sistema de reparto segue a ser o mesmo | Fonte: Sotelo Blanco Edicións

LA VOZ

A convocatoria publicouse no DOG deste 30 de decembro, en plenas festas do Nadal e o principal beneficiario volve ser o Grupo Voz. De feito, este grupo de comunicación, que nos últimos tempos se ten posicionado claramente á dereita e cunha defensa acérrima do goberno de Feijóo, recibe axudas por catro vías diferentes. Unha "cortesía" que só se ten con este medio.

Este grupo de comunicación recibe case a metade de todas as axudas, máis de 850.000 euros. Delas, 541.708 é para o xornal impreso. A segunda, de 294.360 é pola súa web e a terceira é pola súa radio, Radio Voz, con 17.679. Chama a atención outra axuda que esta radio, cuxa audiencia é moito menor ás grandes cadenas radiofónicas, recibe de 118 euros pola súa web.

OUTRO MEDIOS

A infinita distancia de La Voz sitúanse o resto dos grupos mediaticos galegos. E neste segundo grupo os mellor posicionados son Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña, do grupo Prensa Ibérica. Faro de Vigo leva en total 312.324 euros tanto polo xornal en papel como pola súa web e La Opinión de A Coruña, 52.958. En total, este grupo leva 365.292.

Curiosamente, El Correo Gallego volve estar ausente este ano, como aconteceu nos últimos anos deste tipo de axudas pola fonda crise que o levou a despidos, ao impago de nóminas e a unha débeda de 15 millóns de euros con Facenda e a Seguridade Social. O pasado ano, Editorial Compostela, que edita este medio, recibía 73.000 euros.

Logo está El Progreso que recibe 156.385 euros polo xornal e pola web. A este diñeiro hai que sumar o recibido por Diario de Pontevedra, tanto na súa versión escrita como web, que suman 78.457 euros. Deste xeito, o Grupo El Progreso recibe case 234.842 euros.

Pola súa banda, o Grupo La Región recibe 122.698 euros pola Región e 32.349 por Atlántico diario tanto polas cabeceiras en papel como polas versións webs.  En total,  154.047Finalmente, o Grupo La Capital, que edita entre outros, El Ideal Gallego e Diario de Ferrol, recibe 35.540.

En Radios, a que máis recibe é a Cadena Ser, a través das distintas radios asociadas en Galicia con case 102.013. Logo a Cadena Cope, con 73.000. Despois Onda Cero, con 44.700 e Radio Voz, case 17.680

CRÍTICAS

Non é a primeira vez que os sindicatos denuncian esta masiva inxección de cartos públicos a determinados medios.  A CIG ten criticado a súa convocatoria pola "inexistencia de motivación real para esta subvención sen concorrencia competitiva". O sindicato considera que o único obxectivo deste tipo de convocatorias é "soster economicamente a súa actividade dando máis cartos canta maior difusión teñan, sen outra finalidade", o cal "ten como resultado financiar aos grandes grupos de sempre".

O paradoxal destas axudas é que, sobre o papel, están destinadas a favorecer a "liberdade de expresión" e fomentar uns medios "máis plurais e independentes", e mesmo buscan "a potenciación da lingua e cultura galega" e "a galeguidade", pero chega con dedicar tan só un 8% do total do espazo á lingua propia de Galicia para recibir cartos.

a) Axudas a xornais impresos en formato papel

Entidade beneficiaria

Importe da axuda (€)

Editorial La Capital, S.L.

29.657,05

El Progreso de Lugo, S.L.

129.659,23

Faro de Vigo, S.A.

239.991,18

La Opinión de La Coruña, S.L.

38.007,58

La Región, S.A.

107.255,22

La Voz de Galicia, S.A.

541.708,75

Lérez Ediciones, S.L.

68.194,90

Rías Baixas de Comunicación, S.A.

28.514,70

b) Axudas a empresas radiofónicas privadas

Entidade beneficiaria

Importe da axuda (€)

Radio Coruña, S.L.

25.314,49

Radio Lugo, S.A.

1.843,59

Radio Orense, S.A.

28.547,84

Radio Pontevedra, S.A.

19.259,77

Radio Popular, S.A.

72.990,31

Radio Vigo, S.A.

26.226,93

Sociedad Española de Radiodifusión, S.L.

19.825,81

Uniprex, S.A.

54.712,11

Voz de Galicia Radio, S.L.U.

17.679,15

c) Axudas a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa pola internet

Entidade beneficiaria

Importe da axuda (€)

Editorial La Capital, S.L.

5.880,09

El Progreso de Lugo, S.L.

26.726,57

Europa Press Delegaciones, S.A.

1.746,03

Faro de Vigo, S.A.U.

72.333,18

La Opinión de La Coruña, S.L.U.

14.951,25

La Región, S.A.

15.443,80

La Voz de Galicia, S.A.

290.627,64

Lérez Ediciones, S.L.

10.263,38

Radio Coruña, S.A.

824,45

Rías Baixas de Comunicación, S.A.

3.835,78

Virtual Vedra Comunicación, S.L.

4.527,71

Voz de Galicia Radio, S.L.U.

118,23


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 Lois

Canta xente vexo que non morde a man do amo que lle solta as migallas. A prensa libre non existe nesta terra, salvo moi honrosas excepcións dos que non reciben axudiñas, pois o groso da paga está para os "grandes medios" na publicidade pactada e outras mordidas que non se investigan. O ano pasado foron asasinados cerca de 90 xornalistas, pero non é o caso de Galicia, donde a eliminación física é sustituida polo ostrascismo cando entras ao trapo de quen goberna ou ben a falta de enchufe para comer nas maseiras dos medios públicos.

6 Gamela

E xa que falamos de publicacións en galego en Galicia, chégame esta xoia vía Cabozo (inda vivo) que pode facer reflexionar sobre o que supuxo para o xornalismo galego a entrada de diñeiro que logo desaparece misteriosamente.... (?) Ao principio foi Vieiros... http://www.tiki-toki.com/timeline/e...

5 Ricardo R.

Exactamente igual que hizo el bipartito con los suyos, que además no los leían ni ellos. La Voz de Galicia es con mucho el periódico más leído por los gallegos. Pero lo peor es lo de la Telegaita, pozo sin fondo de dineros públicos, nido de enchufados y altavoz del gobierno de turno.

1 Ailalelo

4 anod contra 30 case nada que peito tes fachuzo hahaha o governo do Pp queres dicir, se isto o fixese SancheZ a que armarías hahah xa saen os trolls oagados polo Pp a ladrar! La Coz o mais lido?? Non o crea nin ti, oe daquela ter o Gramma galego pareceche ben? Tamén se fose un panfleto comunista? A CRTG é unmedio EN GALEGO, iso .ódeche non? Haha

4 CastelaoPaSogama

Están bos os da ciga, como se as subvencións aos sindicatos e chiringuitos afíns se obtiveran en concorrencia competitiva

1 Ailalelo

Dito por moitos currelas pepeiroa, a Ciga é a ùnica que se move, oe ti estàs aquí seguido, canto cobras do Filloas? A un fachuza coma ti é normal que abirrezas os sibdicatos, pero o que mais caro nos sae os galegos e o Pp e a súa nogenta propaganda

3 Brasisño

Tan escandaloso é que se despilfarre diñeiro público a moreas comprando noticias favorables ao PP, mercenarios da información e que AOS PARTIDOS DA OPOSICIÓN parece DARLLES IGUAL.