Audasa aumentará a peaxe en 22 tramos que forman a AP-9 en 2020

Di que sobe as peaxes para compensar as obras en Rande e na circunvalación de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2020 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

Autopistas del Atlántico (Audasa) afirma que a peaxe para vehículos lixeiros conxelarase en 2021 en 26 tramos dos 48 que forman a AP-9, pero aumentarán no resto, unha das tres únicas autoestradas españolas que sobe tarifas o próximo ano.

Nun comunicado, Audasa afirma que a vía galega "cun custo de 0,11 euros por quilómetro, mantense en 2021 un 6,6% por baixo da media española de prezos de autoestradas do Estado e un 39,2% no caso das viaxes en coche de ida e volta no mesmo día que empreguen telepeaxe". "O 67% dos tránsitos que anualmente se realizan pola autoestrada non verán incrementadas as tarifas en 2021", tentan xustificar desde a empresa.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aprobou a actualización das tarifas das autoestradas dependentes da Administración Xeral do Estado, que inclúen no caso da AP-9 un incremento do 0,92% a aplicar desde as 00,00 horas do 1 de xaneiro de 2021. A concesionaria galega afirma que non imputa esta subida "cando representa menos de 5 céntimos por tramo".

Por outra banda, recalca que as peaxes aprobadas polo Goberno para 2021 "inclúen a subida extra (1%) derivada das obras de ampliación da circunvalación de Santiago de Compostela e da ponte de Rande, que foron financiadas de maneira íntegra por Audasa".

Ponte de Rande, en Vigo.. PUNTOGA COMUNICACION / MIGUEL RIOPA - Arquivo / Europa Press
Ponte de Rande, en Vigo.. PUNTOGA COMUNICACION / MIGUEL RIOPA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Gamela

Así que os logros exhibidos polo ínclito Nestor Rego non van ser tal... bueno logo... pacencia... moita pacencia de dios debemos ter cos que venden a pel do oso antes de cazalo (?)

1 Alienao

Quinta columnista

2 Gamela

https://es.wikipedia.org/wiki/Quint... Seica non se pode chamar á UPG polo seu nome sen caer no saco do inimigo a bater ? Así podes seguir outros 56 anos... chorando e vivindo na sempiterna oposición ! Case mellor calar....

3 Pedro II o pouco cruel

Si home si. Se non houbese rebaixa, critica. Se a hai, enton que UPG. Se ao final descontan 100 euros, enton "ainda se forem 200 ..." e asi por diante. O caso e criticar.