A Xunta dá vía libre a 603 prazas de profesores técnicos de FP

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2021 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu luz verde este xoves á nova oferta pública de emprego (OPE) para o corpo de profesores técnicos de Formación Profesional (FP), coa que --subliña-- "redobra a súa aposta" por estes ensinos.

En total, entre esta nova OPE e a de 2020, o próximo ano haberá 603 prazas para este corpo, nun total de 24 especialidades. O obxectivo de Educación, engade o Goberno galego, é "contrarrestar os efectos" da lexislación educativa estatal que prevé "a extinción" deste corpo, que o propio presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este xoves.

A xuízo da Xunta, trátase dun corpo "fundamental" para a formación do alumnado de FP, especialmente no ámbito práctico. A convocatoria permitirá, engade, "unha posibilidade de estabilidade laboral ás 452 persoas" que neste momento son profesores deste tipo de ensinos.

COMPETENCIAS DIXITAIS

Por outra banda, a Xunta informou de que aborda a elaboración do futuro marco de competencias dixitais, aliñado coas estratexias europeas na materia e axustado á lexislación máis actualizada.

O obxectivo é facilitar aos empregados públicos e, no seu conxunto, aos cidadáns, o acceso a uns itinerarios formativos que lles permitan acreditar os coñecementos e habilidades que require o actual contexto dixital, tanto para o seu desenvolvemento persoal como laboral.

Alumnos dun centro de FP. IREKIA - ARQUIVO
Alumnos dun centro de FP. IREKIA - ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta