Estes son os 30 concellos de Galicia sen un só caso de covid nas últimas dúas semanas

Case todos están en Lugo e Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

Só 30 municipios dos 313 galegos non detectaron ningún caso de covid-19 nos últimos 14 días. A práctica totalidade destes concellos, excepto un, están nas provincias de Lugo e Ourense. En concreto, segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade, non detectaron ningún caso de coronavirus nas últimas dúas semanas 13 municipios de Lugo, 16 de Ourense e un de Pontevedra, Fornelos de Montes.

Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

No caso da provincia de Lugo, figuran como libres de casos Antas de Ulla, Baleira, Carballedo, Cervantes, Lourenzá, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Paradela, O Páramo, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Trabada e Triacastela. Na provincia de Ourense, pola súa banda, están nesta situación Avión, Beariz, O Bolo, Castro Caldelas, Entrimo, Gomesende, Larouco, Parada de Sil, Piñor, Quintela de Leirado, San Amaro, A Teixeira, A Veiga, Verea, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

TAXAS ELEVADAS

Segundo recolle a Xunta no decreto de novas medidas anti covid publicado no Diario Oficial de Galicia, todas as áreas sanitarias superan os 250 casos por 100.000 habitantes a 14 días e A Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense superan mesmo os 500 casos. O número reprodutivo segue estando por encima de 1 en todas as áreas e no global de Galicia, "o que indica que segue habendo transmisión", explican os expertos, que sitúan a porcentaxe de PCR positivas ao momento da redacción do decreto no 11,4%, máis do dobre do recomendado pola OMS para controlar a pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta