CCOO denuncia "incumprimentos" no plan de vacinación

Esixe que se respecten as instrucións do Sergas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2021 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia denunciou que as xerencias dalgunhas áreas sanitarias "están a incumprir as instrucións do Sergas en canto ao proceso de vacinación fronte á Covid-19". En concreto, afirma que "algunhas xerencias vacinaron persoal de segunda liña sen facelo antes co de primeira e mesmo administraron vacinas en hospitais libres de covid-19".

CCOO esixe que se respecten "estritamente" as instrucións do Sergas, procedendo á vacinación "urxente" de todo o persoal de primeira liña que non fora vacinado a día de hoxe. O sindicato reclama tamén uns "criterios homoxéneos" para a vacinación do resto do persoal da sanidade, "evitando a discrecionalidad, que está a crear moito malestar entre o persoal".

Por último, sostén que hai "escurantismo" das xerencias á hora de facilitarlles aos sindicatos "información sobre a xestión e os criterios de orde de vacinación do persoal que aínda non foi vacinado".

FALTA DE AMBULANCIAS

Por outra banda, este sindicato denuncia "escaseza" de ambulancias na comarca de Bergantiños, onde asegura "só existen na actualidade dúas que cobren as localidades de Carballo, Coristanco e Laracha".

"Insuficientes para abarcar este territorio", indica. A iso suma o que tamén presten servizos "en localidades como Ponteceso, Malpica, Cerceda e nalgún caso na cidade da Coruña". Por iso, reclama un reforzo que, ao seu xuízo, xa se debería facer ante "os anuncios de que nos viña unha terceira onda", engade sobre a incidencia do coronavirus.

Vacina contra a Covid-19. EUROPA PRESS/J.Peteiro. POOL - Europa Press / Europa Press
Vacina contra a Covid-19. EUROPA PRESS/J.Peteiro. POOL - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta