Os empregados publicos da Deputación de Lugo inician a súa desescalada e volven ao traballo presencial

O luns abrirán as dependencias provinciais á cidadanía.

Por E.P. | Lugo | 30/01/2021 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Os empregados públicos da Deputación de Lugo volverán a partir deste luns ao traballo presencial. Farano de forma progresiva e gradual, distribuídos en quendas estables do 50 por cento dos efectivos en cada servizo.

Pleno da Deputación de Lugo.
Pleno da Deputación de Lugo.

De igual modo, o luns abrirán as dependencias provinciais á cidadanía, aínda que a atención presencial será con cita previa e continuarase priorizando a telefónica ou telemática para reducir os contactos entre as persoas.

Tal e como lembra a institución, a decisión do teletraballo foi adoptada desde o pasado luns 18 de xaneiro dentro da súa política de "anticipación e prevención" na loita contra a pandemia despois de detectarse positivos por coronavirus en distintos servizos.

Ademais, este plan levou a priorización das reunións telemáticas, a cancelación de actos públicos e o peche das dependencias da Deputación ao público, entre outras medidas.

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, subliñou que estas medidas se estableceron "co fin de preservar a seguridade e a saúde dos empregados e empregadas e da propia cidadania á que se presta servizos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta