A fraxilidade da democracia

Escoitando á entrevista que lle fíxeron o ex-presidente Obama, quedeime cunha frase que viña a dicir máis ou menos o seguinte: coas novas tecnoloxías e as redes sociais hai que, dalgunha maneira, sen coartar o dereito de expresión, regularizar ou selecionar moito os contidos que circulan por ises medios; pois, cando as medias verdades e mentiras se repiten teimosamente, chegan a parecer verdades absolutas. E iso sempre engana á xente e vai contra á democracia.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 03/02/2021

Comparte esta noticia

Esa entrevista tróuxome á memoria os anos sesenta do século pasado, cando moitos desexábamos que chegara á democracia. Idealistas eramos pois, cretinos de nós, pensabamos que ó instaurarse un réxime onde puideramos votar libremente o nivel de cultura política medraría e  as  ideas nocivas e populistas que desprezan a nosa forma de vida terían menos  espazo na sociedade.

Brindis de Obama e a súa dona Michelle.
Brindis de Obama e a súa dona Michelle.

O tempo foi abríndonos os ollos e amosando que, a realidade, é moi  distinta daquela á que moitos aspirábamos. E agora que levamos moitos anos de democracia comezamos a decatarnos que, nin toda modernidade é progreso nin no eido cultural e político avantamos tanto. Pois sigue habendo milleiros de persoas que, por diversas razóns, non distinguen o grao da palla e son o obxectivo  dos  manipuladores que lanzan  novas adulteradas.
Na actualidade vivimos  un tempo no que, quizais por desleixo, os gobernantes non souberon defender as institucións públicas  nin preservalas dos  ataques de persoas, predicadores de fumo, que as deterioran intencionadamente pra aproveitarse delas en beneficio propio. E, esas novas adulteradas con mensaxes simples nas redes e tamén nalgúns medios de comunicación, calan na xente e levan ó poder persoeiros egocéntricos e manipuladores que logo resultan ser uns fascinerosos de novo cuño.

O acontecido en países onde se presumía unha democracia consolidada debera ser motivo dunha fonda reflexión para todos nós. Países onde chegou ó poder un narcisista que sempre se considerou un persoeiro  tan importante  que, ademais de  pensar que todo  xiraba arredor del, tamén pensaba que nunca perdería unhas eleccións.  Todo eso  debera levarnos a entender ó que é a manipulación das masas.  Claro que mesmo na nosa sociedade, aínda que a menor escala,  tamén aconteceron  fenómenos semellantes. Por eso hai que, en primeiro lugar, defender o prestixio das institucións democráticas. Pois estas son de todos e teñen que estar por riba de quen ostente o poder.  E  non escoitar os cantos de serea  destes persoeiros, predicadores de mala intención, que se amosan como salvadores e que logo resultan ser estafadores de promesas falsas e  o que -é peor, un perigo para a sociedade.

Ós milleiros de persoas que nos anos anteriores e posteriores á transición   soñaban cun réxime de liberdades; que ansiaban unha unha sociedade mais xusta, máis culta no político e mellor no social, perciben a día  de hoxe  unha fraxilidade que leva á   democracia a cometer grandes  erros electorais. Erros que ergueron  ó poder a persoas que soamente están no cargo pra beneficio persoal sen importarlle para nada servir ós cidadáns.

En fin, a fraxilidade da democracia é evidente. Polo tanto urxen medidas  e filtros que  protexan a nosa sociedade desa pandemia de trolas e medias verdades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com