Buscan unha moza de 17 anos desaparecida o pasado luns en Allariz

Foi vista por última vez nun Audi A1 de cor branca.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/02/2021 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

A Policía Nacional pediu a través das súas redes sociais colaboración para dar co paradoiro dunha moza de 17 anos que desapareceu o pasado luns, día 1 de febreiro, en Allariz.

Segundo explica a Policía Nacional, a moza chámase Andrea Gomes Dos Santos e puido utilizar un Audi A1 de cor branca para marchare. A última vez que foi vista vestía un plumífero de cor negra e unhas mallas negras.

Pola súa banda, fontes da Garda Civil sinalou que residía no centro de menores de Allariz, do que non é a primeira vez que falta.

Cartel difundido pola Policía Nacional sobre a menor desaparecida. POLICÍA NACIONAL
Cartel difundido pola Policía Nacional sobre a menor desaparecida. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta