Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/07/2013 | Actualizada ás 11:50
Francisco José Garzón Amo, o maquinista do tren accidentado en Santiago, recoñeceu este martes, durante a súa comparecencia ante o xuíz que o ocorrido non foi un fallo técnico, nin tampouco polas condicións do vehículo que pilotaba nin do trazado, senón a un "erro humano", "unha distracción".
Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o conductor do comboi recoñeceu ante Luís Aláez, titular do xulgado de instrución número tres de Santiago, que esa tarde noite despistouse até o punto de non saber onde estaba.
"Chegou" a frear
Así, suliñou que, ao chegar á curva da Grandeira, non sabía que estaba xa neste punto do percorrido e que cando quixo frear, "que chegou a facelo", xa era demasiado tarde. Nese momento estaría circulando á unha velocidade superior ao dobre do permitido nese tramo, limitado a 80.
Sen embargo, neste comunicado non se fai alusión a posibles erros no sistema ERTMS de frenado dos trens Alvia, como o accidentado en Santiago. Os investigadores analizan, agora, os seus teléfonos móbiles, tano o persoal coma o profesional, para determinar se o seu uso puido ter influído no accidente.
Non pediron prisión
O maquinista, que saíu libre con cargos, está obrigado a comparecer cunha periodicidade semanal ante o xulgado que se designe e ten prohibido saír do territorio nacional sen autorización xudicial durante seis meses. Igualmente intervir de forma cautelar a licenza profesional para a condución de ferrocarrís por igual prazo.
Nin o fiscal, Antonio Roma, nin o resto das partes acudidas -Renfe, Adif e dúas compañías aseguradoras- pediron prisión preventiva para o condutor, ao entender que non hai risco de fuga, nin de destrución de probas, e tampouco de reiteración delituosa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.