Ponteareas incorpórase ao Eixo Atlántico, que xa conta con 39 entidades locais

Por E.P. | VIGO | 12/02/2021 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia



A alcaldesa en funcións de Ponteareas (Pontevedra), Cristina Fernández Davila, e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, participaron este venres no acto de presentación do municipio como novo integrante desta organización de cooperación transfronteiriza, que xa conta con 39 entidades locais.

Vázquez Mao recalcou que a entrada de Ponteareas no Eixo (aprobada o pasado mércores pola asemblea) supón un "positivo impulso económico" en ámbitos como o turismo e o termalismo, e destacou os cambios deste municipio nos últimos anos, baseados nunha estratexia que ten como obxectivos a sustentabilidade ambiental, a cohesión social, a reforma urbana ou a mobilidade.

Así, puxo como exemplo a iniciativa da rede de calor con biomasa, e lembrou que Ponteareas, na súa dobre condición de cidade e capital da comarca fronteiriza do Condado-Paradanta, está chamada a participar no proxecto de "interrelación" entre cidades promovido polo Eixo.

Cristina Fernández Davila, pola súa banda, fixo fincapé nas potencialidades de Ponteareas, pola súa "posición territorial estratéxica e privilexiada", e pola súa proximidade con Portugal. Así, proclamou que este municipio "quere converterse en referencia de crecemento organizado e planificado, baseado no desenvolvemento sustentable que ten como pedra angular a estratexia 'Ponteareas, hábitat saudable', que conta con fondos da UE".

O secretario xeral do EIxo Atlántico, Xoán Vazquez Mao, xunto á alcaldesa en funcións de Ponteareas (Pontevedra), Cristina Fernández Davila (no centro), e a segunda tenente de alcalde, Chus Garrote.. CONCELLO DE PONTEAREAS
O secretario xeral do EIxo Atlántico, Xoán Vazquez Mao, xunto á alcaldesa en funcións de Ponteareas (Pontevedra), Cristina Fernández Davila (no centro), e a segunda tenente de alcalde, Chus Garrote.. CONCELLO DE PONTEAREAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Outro concello que pica... Alguén é capaz de explicar como se pode vivir do conto 25 anos como Secretario Vitalicio do Eixo Atlántico ?