Cedeira dálle gratis un albergue a Organización Juvenil Española

Cédenlle a xestión por 10 anos para que esta entidade, que naceu dentro das estruturas do Franquismo, "aproveite" as instalacións poñendo o prezo que estime oportuno. O rexedor chegou ao cargo en 1973 e no 1977 tivo que lidiar cunha forte polémica por inaugurar unha estatua en homenaxe a Franco.

Por Galicia Confidencial | Cedeira | 12/08/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Leopoldo Rubido Ramonde, o alcalde popular de Cedeira, acaba de concederlle por cero euros a xestión e explotación económica do albergue municipal "Os pinos" á Organización Juvenil Española (OJE), unha entidade creada no Franquismo e amparada pola Falange.

Segundo o prego de condicións aprobado polo concello, o obxecto da concesión é a utilización e aproveitamento dos citados bens para actividades culturais-deportivas e educación medio ambiental. O prazo da concesión será de 10 anos dende a sinatura do contrato administrativo e os únicos cartos que teñen que poñer desde esta asociación son 6.656,91 euros en concepto de fianza que serán devoltos unha vez rematada a concesión.

Establecerá as tarifas

Segundo os pregos aprobados, OJE "obstentará as facultades inherentes ao obxecto da presente concesión", e conservará adecuadamente as instalacións, reparando e repoñendo cando fose nencesario polo seu deterioro, así como manter informado ao Concello das actividades que leve a cabo. Isto inclúe, que poida explotar económicamente este edificio "mediante as tarifas que o concesionario estableza e que deberá comunicar ao Concello".

Os únicos gastos para OJE serán aqueles derivados dos subministros de auga, luz, lixo e IBI e demáis gastos e tributos que se deriven da concesión administrativa, debendo suscribir unha póliza de seguro que cubra o propio inmoble e as actividades programadas pola mesma. O único que gaña o concello con esta cesión voluntaria son "todas as melloras producidas ao remate do prazo da concesión administrativa".

Esta concesión administrativa inclúe o inmoble e fincas anexas e foi aprobada por que "concorren circunstancias excepcionais debidamente acreditadas na documentación" --das que o concello non dá conta--, para a súa aprobación. A decisión foi adoptada co voto favorable dos sete edís populares e a negativa dos dous do PSdeG e dous do BNG.

A OJE, nacida no Franquismo

A OJE é unha organización que naceu en pleno Franquismo, nos anos 60, como unha dependencia da Delegación Nacional da Fronte de Mocidades e, polo tanto, da Secretaría Xeral do Movemento, e cando o Réxime iniciaba un lavado de imaxe en Europa. Non é ata 1978 cando esta organización se puxo ao día no legal e declarouse "Organización nacional democrática apolítica". En 1981 foi declarada Entidade de Utilidade Pública e con ese recoñecemento mantense nos nosos días.

Na actualidade a OJE céntrase na educación non formal dos nenos, novos e adolescentes, para o que conta co seu propio sistema formativo. A OJE é membro fundador do Consello da Mocidade de España. O seu lema é "Vale Quen Serve", o seu emblema é unha cruz en cuxo centro figura, en ouro, un león rampante coroado e o seu patrón é Fernando III o Santo, Rei de León e Castela.

Un alcalde da época Franquista

Esta concesión foi rubicada por Leopoldo Rubido Ramonde --irmán do director do xornal conservador ABC, Bieito Rubido--, quen asumiu a alcaldía de Cedeira en 1973, cando o réxime franquista aínda gobernaba España, e ostentou o bastón de mando durante trinta anos. Tivo que deixar a alcaldía no 2007, pero volveu a gañar por maioría absoluta nas pasadas eleccións municipalis.

En 1977 tivo que sortear unha gran polémica cando decidiu construír un monólito na honra de Franco. A decisión tivo unha forte contestación de parte dos veciños, pero finalmente foi inaugurado o 14 de maio por Gonzalo Fernández de la Mora.

Leopoldo Rubido, alcalde de Cedeira
Leopoldo Rubido, alcalde de Cedeira

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

10 Furher

En Galicia empieza a imperar el sentido común por lo visto, respetable organización la OJE y lo que simboliza. AE Nacional Sindicalista

9 Seve

Posición da Mocidade Nacionalista Galega ao respecto: http://mngalega.org/destacadas/comu...

8 oPPus Gays

Como nos gusta la juventud ...

7 Foucellas

Con tan mala h... de moitos, non me extraña que os fasc... acampen ao sei gusto. Cada pobo ten o que se merece. PP-OPUS, falanxistas-asasinos.

6 nomes similares

eu pensei que lhe dera o albergue ós da AGE