CC.OO. alerta das "graves consecuencias" ante o risco de peche "inmninente" de ENCE

A fábrica podería deixar a Ría de Pontevedra por mor da Lei de Cambio Climático, que se prevé será aprobada no mes de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2021 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A sección sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) na fábrica de ENCE en Pontevedra compareceu este venres en rolda de prensa para trasladar á cidadanía as "graves consecuencias do peche dos centros de traballo de Ence", que ocorrerá "a curto prazo" se se aproba definitivamente, a finais do mes de marzo, o artigo 18.4 da Lei de Cambio Climático.

Esta sección sindical representa a 15 dos 23 representantes dos traballadores dos centros de traballo de Ence en Pontevedra, entre a fábrica, as oficinas, así como do sector forestal e de Norfor. Unha vez máis, os representantes de Comisións Obreiras insistiron en que ese artigo 18.4 limita a duración das concesións en terreos de Costas e, aínda que aínda non está claro se a súa aplicación será retroactiva, desde a Dirección da empresa ENCE xa comunicaron aos traballadores que esta nova lei suporá a marcha da pasteira da ría de Pontevedra.

"O presidente xa nos dixo que se sae adiante, o peche será inminente", dixo a presidenta do Comité de Empresas da sección de oficinas, Ana Cedeira. Para tratar de impedilo, Comisións Obreiras convocou novas mobilizacións que se van pór en marcha de maneira inmediata, tanto en Galicia como en Madrid ante o Ministerio de Transición Ecolóxica o próximo o día 5 de marzo. Unha semana máis tarde concentraranse diante da sede do PSdeG-PSOE en Santiago.

Fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra
Fábrica de Ence Celulosa en Pontevedra | Fonte: Europa Press.

"O TRABALLO SUCIO"

Se a tramitación da lei segue o seu curso sen incluír as modificacións presentadas por partidos como o PP, BNG ou Cidadáns para eliminar ou matizar o artigo 18.4, a súa tramitación no Congreso concluirá o día 31 para ser votada no Congreso e o Senado. Segundo explicaron en rolda de prensa, unha vez entre en vigor a nova lei, o Goberno nomeará a un grupo de expertos "para facerlle o traballo sucio" de decidir que empresas poden continuar co seu labor no dominio marítimo terrestre e cales non.

O secretario de organización comarcal de CC.OO, José Luís García Pedrosa considera que están ante un momento clave e decisivo, se se aproba, Ence pechará antes do 2033", advertiu. García Pedrosa alertou que "a masa salarial dos traballadores de Ence é superior ao orzamento do Concello de Pontevedra", polo que entende que a cidade non poderá soportar o peche da pasteira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta