Comunidades de montes piden que se destinen fondos europeos para o rural galego

Entre as propostas que fan está a de creación de centros de interpretación da natureza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

A Organización Galega de Comunidades de Monte (Orgaccmm) demanda que se destinen parte dos fondos europeos ao rural galego para que sexa mutifuncional e sustentable.

Nun comunicado, esta organización expón que se solicitou á Consellería de Medio Rural e aos grupos parlamentarios que se financien proxectos que axuden ao desenvolvemento dunha economía local e social co fin de fixar poboación.

Para iso, achega diferentes propostas que pasan por dotar ás comunidades de montes de: serradoiros móbiles, vehículos de loita contra o lume, material ofimático e maquinaria para aproveitamentos non maderables (como poidan ser cogomelos ou apicultura).

Tamén propón axudar a estes organismos á construción de centros de interpretación da natureza, á posta en marcha de unidades didácticas e á creación dun economato comunitario.

Reprodución dunha aldea neolítica construída na comunidade de montes de Salcedo (Pontevedra).
Reprodución dunha aldea neolítica construída na comunidade de montes de Salcedo (Pontevedra). | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta