Polo menos dous feridos, un grave, por unha explosión dunha caldeira de gas en Vilagarcía

As xanelas saíron disparadas varios metros danando vehículos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/03/2021 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

A explosión dunha caldeira de gas nunha vivenda en Vilagarcía de Arousa saldouse con polo menos dous feridos. Un deles, un home de 55 anos, sufriu feridas de consideración e foi trasladado en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Diso informaron a Europa Press fontes de Protección Civil, que trasladaron tamén que o edificio no que se produciu a deflagración foi desaloxado por precaución. A vivenda na que se produciu a explosión está ubidcada no primeiro piso do número 10 da Rúa Bosque de Desamparados. Segundo puido saber Europa Press, rexistrouse cando se ía a acender a caldeira.

Os danos materiais son significativos, xa que as xanelas saíron disparadas varios metros danando a vehículos que estaban aparcados e viuse afectado algún tabique interior do edificio.

A zona está perimetrada mentres traballan no lugar efectivos de emerxencias, Protección Civil, bombeiros, así como axentes da Policía Local e da Policía Nacional. Ata o lugar tamén se desprazaron autoridades do Concello.

Bombeiros
Bombeiros | Fonte: Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta