Contas reduce as subvencións electorais a CxG e Espazo Común por achegas inxustificadas

O organismo detectou outras irreguralidades nas campañas de varias formacións en maio de 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2021 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

O Tribunal de Contas reduciu o importe das subvencións electorais percibidas polas formacións Compromiso por Galicia e Espazo Común debido a achegas económicas non xustificadas debidamente durante a campaña das eleccións municipais do ano 2019. Así figura no informe de fiscalización das contas dos partidos políticos durante a campaña das últimas eleccións locais, celebradas en maio de 2019.

Pachi Vázquez presenta Espazo Común
Pachi Vázquez presenta Espazo Común | Fonte: Europa Press.

Deste xeito, o Tribunal de Contas detectou irregularidades nos gastos das campañas de varias formacións que concorreron ás municipais en Galicia, aínda que só expón sancionar con redución da axuda percibida a Compromiso por Galicia e Espazo Común.

No caso dos primeiros, Contas apunta no seu informe que a formación galeguista non xustificou debidamente unha achega de 2.054 euros cuxa procedencia "non quedou suficientemente acreditada", polo que propón unha redución de 205 euros da subvención percibida (o 10% da achega considerada irregular).

A infracción cometida por Espazo Común é similar, aínda que no seu caso elévase a 4.232 euros a doazón inxustificada e, por tanto, a proposta de redución da axuda pública queda en 423 euros.

Ademais, o informe tamén revela que a formación impulsada por Pachi Vázquez debía, na data de presentación da contabilidade, un total de 5.440 euros aos provedores que, ao non dispor de fondos na conta bancaria destinada ás eleccións, deberían ser abonados en en outra conta diferente, o que contraviene as directrices marcadas por Contas.

EXCESOS NO LÍMITE LEGAL DE GASTOS

Así mesmo, o documento sinala que a candidatura municipalista Son de Teo pasou o límite legal de gastos, aínda que o fixo en 3,29 euros. As alegacións presentadas pola lista que encabeza o goberno municipal de Teo foron rexeitadas por Contas, que indica no seu informe que o padrón municipal a ter en consideración para fixar o límite de gasto por lista é a 1 de xaneiro de 2018 e non de 2019, como empregou a candidatura municipalista do alcalde Rafael Sisto.

Con todo, o maior exceso do límite máximo de gastos cometeuno a lista de Mareas Locais na provincia de Ourense, que excedeu en 2.695 euros o tope establecido para esta candidatura (14.428,26 euros).

Mareas Locais foi a marca elixida polo partido En Marea, entón liderada por Luís Villares e hoxe desaparecida, para aglutinar baixo un paraugas legal as candidaturas municipais que lle eran afíns de face a sumar votos para entrar nas deputacións.

As contas destas listas, que figuran como partidos diferenciados en cada unha das provincias, revelan tamén outras irregularidades, como os pagos en efectivos realizados en Lugo ou os 605 euros que debían en Pontevedra e que foron pagados fóra de prazo (90 días despois das votacións) cunha conta bancaria diferente á electoral.

O BNG PAGOU PUBLICIDADE FÓRA DE CAMPAÑA

En canto ás principais forzas políticas (o informe non recolle desagregados por comunidades aqueles partidos que se presentan en todo o Estado), o BNG xustificou gastos ordinarios por máis de 300.000 euros e outros 221.700 euros por envíos de propaganda electoral.

Así mesmo, Contas apunta a unha irregularidade cometida pola formación frontista relativa a 847 euros gastados en publicidade en medios de comunicación antes do inicio da campaña, o que vulnera o artigo 53 da LOREG.

Con todo, este feito non supón sanción máis aló de que queda fóra da cantidade subvencionable, aínda que si é tido en conta para verificar o cumprimento do límite máximo de gastos do proceso, no que o BNG tivo unha marxe de 300.000 euros por baixo do tope.

DEMOCRACIA OURENSANA

Na análise das contas de Democracia Ourensana, o Tribunal de Contas sinala que 10.000 dos 15.000 euros que declara como recursos o partido do alcalde Gonzalo Pérez Jácome proveñen de achegas privadas e os 5.000 euros restantes dos fondos da organización.

Ademais, deixa fóra do importe subvencionable unha achega de 1.995 euros por non estar debidamente xustificada e sinala un cargo "de natureza non electoral" á conta bancaria da organización para as eleccións de 5.019,30 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta