O Concello de Cariño reclama á Xunta que "reconsidere" a decisión de mantelo en nivel alto de restricións

O Goberno local traslada á Consellería de Sanidade a súa "absoluta desconformidade" pola decisión.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/03/2021 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O Concello de Cariño trasladou este mércores á Consellería de Sanidade a súa "absoluta desconformidade" pola decisión do comité clínico de manter o municipio en nivel alto de restricións, unha opción que reclaman que "se reconsidere".

Control da Garda Civil
Control da Garda Civil | Fonte: Garda Civil.

"Nin o goberno local nin o conxunto do pobo cariñés entenden que se tome esta decisión, sendo desde o Sergas coñecedores da evidente mellora da situación epidemiolóxica", apuntan desde o consistorio, destacando que, na actualidade, rexístranse cero casos nos últimos 3 días e un caso nos últimos 7 días.

Empregando o criterio da evolución a sete días, a Consellería de Sanidade decidiu aplicar a Cariño o nivel de restricións máis alto. "Comprendémolo, xa que, debido ao rápido aumento dos casos, era necesario detectar e conter a propagación dos contaxios", explica o alcalde, José Miguel Alonso Pumar.

Con todo, o rexedor pide agora que "se aplique ese mesmo criterio á inversa". "É dicir, se temos 1 caso nos últimos 7 días e ese criterio era válido á hora de aplicar medidas máis restritivas, tamén debería terse en conta á hora de aliviar as restricións", resolveu.

Desde o Concello consideran que a realidade actual de Cariño corresponde a un nivel medio de restricións e, por iso, o alcalde pide que se lle apliquen estas condicións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta