Así é o impacto da Covid-19 na calidade de vida da poboación do litoral

Un estudo coordinado polo profesor da USC, Sebastián Villasante, afonda na resiliencia da poboación das zonas costeiras.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Como é a calidade de vida da xente que vive na costa tras a Covid-19?. Que impacto pode ter?... A estas e outras respostas tenta dar resposta o grupo de traballo sobre resiliencia e servizos dos ecosistemas mariños, que pertencente ao International Council for the Exploration of the Sea (ICES), e que está a impulsar unha investigación que mide o impacto da COVID-19 no benestar da poboación das zonas costeiras.

Investigación de Sebastián Villasante
Investigación de Sebastián Villasante | Fonte: Santi Alvite

Esta análise, coordinado polo profesor de economía da USC Sebastián Villasante, é o primeiro estudo global que aborda os impactos da COVID-19 na calidade de vida da poboación do litoral, xa que o 40% da poboación mundial vive a menos de 100 kilómetros da costa.

“Este é o primeiro estudo global que incidirá na calidade de vida das poboacións litorais, incluíndo cambios en costumes dietéticos, ocio cultural nas áreas protexidas, así como impactos físicos e cognitivos debido á pandemia", explica o profesor Villasante.

No seu traballo, o grupo documenta os enfoques actuais dispoñibles en relación coa valoración multidimensional dos servizos dos ecosistemas mariños e a súa contribución á calidade de vida dos seres humanos. A valoración dos servizos dos ecosistemas mariños é fundamental para os responsables políticos, pero en Europa faltan datos rexionais e locais.

Así, os investigadores defenden que a crise da COVID-19 pode aumentar vulnerabilidades e risco de desigualdade para as zonas litorais, por iso as achegas da investigación, defenden, "permitirán profundar na resiliencia das zonas litorais e identificará solucións e proporcionará ideas ás rexións litorais para que poidan desenvolver á hora de acometer a crise".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Huang Ho

Eu vivo na costa. Gosto de pescar e podo estar na beira do mar, na ribeira, sen máscara, porque non hai ninguén. Gozo dunha calidade de vida excepcional, o único que me fastidia é ir traballar todos os días e ir ao supermercado. E o que máis me fastidia é cando comezan a vir os fodechinchos ocupar o meu espazo, aparcar os coches nas miñas propiedades ( a veces teño que ir botalos, estando pechadas..., eles abren as cancelas para meter o coche, incluso o verán pasado tiven que ir botar dúas autocaravanas). Son como unha plaga bíblica, bichos sen control que destruen todo canto tocan... Non quero imaxinar como será nas Rías Baixas.