Caballero comprométese a levar "á mesa de todos os gobernos" os proxectos importantes para a Costa da Morte

O líder do PSdeG inicia unha visita pola comarca.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2021 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, comprometeuse a levar "á mesa de todos os gobernos" os proxectos importantes para a Costa da Morte.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na súa visita a Camariñas
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na súa visita a Camariñas | Fonte: PSdeG.

O xefe de filas dos socialistas galegos iniciou este martes en Caramiñas unha visita pola comarca acompañado pola alcaldesa do municipio, Sandra Ínsua.

No encontro, Caballero puxo en valor o traballo do goberno local en defensa dos veciños e destacou que ten "paixón, capacidade de xestión e un magnífico equipo".

Desde alí, trasladou o seu "pleno apoio" á rexedora e garantiu que levará "os proxectos importantes para Camariñas e para toda a comarca á mesa de todos os gobernos".

No caso de Camariñas, o líder socialista abordou coa alcaldesa o desenvolvemento do litoral e reclamou á Xunta que desenvolva uns servizos sanitarios "de primeira" no municipio e que dispoña mellores infraestruturas e máis frecuencias de transporte público para conectar ben esta comarca con Santiago e A Coruña.

Ademais, referiuse ao "proxecto persoal" da rexedora para recuperar a antiga lonxa e convertela nun mueso, o dos naufraxios, que será "un referente para toda Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta