Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2021 | Actualizada ás 13:22
Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron na Coruña a tres persoas tras unha investigación policial que se iniciou pola retención dunha menor, segundo informaron fontes consultadas por Europa Press.
O operativo desenvolveuse na mañá deste mércores na zona da rúa da Torre, na cidade herculina, como resultado dunha investigación policial que partiu de Córdoba. Un xulgado desta cidade andaluza decretou o segredo das actuacións, mentres que a investigación policial segue aberta, precisaron as fontes consultadas. Do caso, transcendeu que está relacionado coa suposta retención dunha menor e que, como resultado do operativo posto en marcha, foron detidas ata o momento a tres persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.