GC Aberto

Que é o Estado? Para que serve?

A plataforma ECOAR))) organiza unha mesa redonda para debater sobre este concepto político e a súa utilidade.

Por ECOAR (http://ecoarglobal.org/ https://www.facebook.com/ecoarglobal) | GC ABERTO | 01/10/2013

Comparte esta noticia

O vindeiro xoves, 3 de outubro terá lugar a mesa redonda Qué é o estado? Para qué serve?, organizada pola plataforma cidadá ECOAR))). A cita será ás 20:00h., na cafeteria De Catro a Catro (r/ Girona 16, Vigo). O obxectivo é achegar á cidadanía as distintas posturas defendidas por diversos actores políticos e sociais en torno a esta cuestión, amosando as diferentes opcións, nun contexto no que o actual modelo institucional está en cuestionamento. Para tal fin, participarán nesta palestra os seguintes representantes:

- Fernando Rodriguez (CNT)

- Anxel Testas (Esquerda Anticapitalista)

- Rubén Pérez (Esquerda Unida)

- David Rodríguez (Anova)

- Enrique Vieitez (BNG)

- Xoan Hermida (Espazo Ecosocialista)

- Manuel Reinoso (Asemblea Republicana de Vigo)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta