O PPdeG pide concreción ao Goberno sobre os criterios para os fondos Next Generation

O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, comparecerá o mércores na comisión de reactivación para informar sobre os proxectos en que traballa a Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2021 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, demandou ao Goberno de España que concrete os criterios que rexerán a concesión e xestión dos fondos Next Generation.

Así o reclamou nunha rolda de prensa celebrada este luns, na que informou de que o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Economía, Emprego e Innovación comparecerá o mércores na comisión de reactivación do parlamento para informar os proxectos en que traballa a Xunta para optar a estes fondos.

O dirixente do Partido Popular asegurou que estas iniciativas facilitarán "reactivar a economía e acelerar os cambios que xa están en marcha, realizando investimentos para adaptarse ás novas realidades dos mercados".

Neste sentido, lembrou o traballo desenvolvido no Parlamento, a través da aprobación da proposición de lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica ou da Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia; así como desde o propio Goberno galego, "buscando o consenso a través do diálogo e escoitando as achegas do comité de expertos económicos".

"Desde o primeiro momento, a Xunta buscou a participación activa no deseño da proposta aos fondos europeos do tecido produtivo galego, a través da organización de foros sectoriais, como o forestal, o sector biotecnológico, ou do mar-industria ou de mobilidade sustentable; pero tamén do sector público galego, a través da Comisión Next Generation Galicia", sinalou.

Froito deste traballo, o portavoz popular sinalou que existen máis de 350 proxectos avaliados pola Xunta, a maioría de iniciativa pública e que suporían un investimento en Galicia de 20.000 millóns. "Estes proxectos deben ser unha panca para a transformación do tecido empresarial galego, no que ten un maior peso as pequenas e medianas empresas e, por tanto, deben ser as principais beneficiarias destes fondos", sinalou.

Pedro Puy explicou que estes proxectos teñen unha "orientación cara ao que consideran "máis importante". "A economía circular e a transición enerxética; a mobilidade sustentable; a innovación, a industria 4.0 e os Tics; a cadea mar-industria; e a sanidade e os modos de vida saudable e a nova economía dos coidados".

Tamén destacou o polo para a transformación de Galicia, que agrupa oito iniciativas, entre as que destacou a creación dunha fábrica de fibras téxtiles a partir da madeira e residuos de celulosas, a posta en marcha dun centro para o impulso da economía circular orientado á valorización de residuos; a produción de hidróxeno verde e o desenvolvemento de 1.000 novos MW de enerxía eólica e solar". Conforme apuntou, estas dúas últimas propostas facilitarán o autoabastecimiento enerxético da fábrica de téxtiles e do centro de economía circular.

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta