Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2021 | Actualizada ás 13:14
A Xunta resaltou unha "mellora" na situación do polbo nas augas galegas, dado que os últimos datos reflicten un incremento nas capturas e no recrutamento de xuvenís, que alcanzou niveis por encima da serie histórica iniciada no ano 2005.
Así o destacou a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, na súa intervención ante a Comisión 8ª do Parlamento de Galicia, onde repasou a situación que atravesa o polbo tras unha campaña (a 2020-21) que resultou "anómala".
Neste sentido, a responsable da Consellería do Mar apuntou que a última campaña concluíu cun "baixo nivel" de capturas, aínda que mostrou o seu optimismo ante as cifras que deixan as últimas semanas, que reflicten unha "tendencia ascedente" cun balance "positivo" que melloran os datos de marzo de 2020 e os do mesmo mes de 2017, ano no que houbo unha campaña "histórica".
Outro aspecto que resaltou a directora xeral foi o índice de reclumentario de xuvenís, que duplica as cifras do pasado ano e sitúanse por encima da media da serie histórica, que arrincou no ano 2005. Na súa intervención, Rodríguez lembrou que este ano 2021 o polbo estará en veda entre os meses de maio e xuño, unha medida pactada co sector na Comisión do Polbo para protexer aos xuvenís da especie.
FURTIVISMO E CAPTURAS ILEGAIS
Por último, tamén repasou as cifras que deixa a campaña en canto a accións contra o furtivismo e as capturas irregulares. Deste xeito, os Gardacostas realizaron máis de 400 inspeccións que se saldaron con máis de 1.000 quilos comisados e 11.000 nasas intervidas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.