Apertura de expediente no BNG por apoiar a Israel

Comentannos que o Consello Comarcal do BNG de Vigo deu un prazo de 15 días ao militante Pedro Gómez-Valadés para renunciar á Presidencia da recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/02/2007 | Actualizada ás 23:49

Comparte esta noticia

 A situación remóntase a hai uns meses, cando un militante desa comarca pasou a presidir a recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel, da que se fixo eco o seu confidencial. A asociación naceu para dar a coñecer a situación do conflicto árabe israelí dende a perspectiva de Israel, así como traballar contra a banalización da Shoá e outras actividades de carácter cultural.

Logo diso, comenzou a circular pola CIG de Vigo o rumor de que o citado militante, no fondo, facía todo isto porque estaba a soldo do Mossad. Lembro que, cando tal cousa oín, índa me botei unhas risas a conta da imaxinación que teñen algúns. Pero a cousa non quedou ahí.

Na Executiva Comarcal incluíuse un punto para tratar a "grave situación" que supuña a súa discordancia coa postura maioritaria no so do Bloque. Posteriormente, na Asamblea Local exixiron medidas contundentes contra ese militante, por terse atrevido a pensar distinto. O seguinte paso neste proceso foi tramita-lo asunto ante o Consello Local, que dada a magnitude da herexía decidiu remitírllelo, a súa vez, ó Consello Comarcal. Este último, cos votos da UPG, decidiu abrille un expediente, suspendelo de militancia e expulsar ó militante, se ben, nun alarde de democracia interna, doulle un prazo de quince días para abandoa-la asociación e volver ante o Consello Comarcal para implorar perdón pola súa conducta desviada. Nese prazo estamos agora.

Cando o citado militante asumiu a presidencia non o fixo como representante do Bloque Nacionalista Galego, senón a título persoal, coma parte da súa vida privada. De feito, o BNG nin sequera respondeu á invitación formal que se lle fixo dende a asociación para estar presente no seu acto de constitución, cousa que sí fixeron as demáis forzas políticas convidadas. É pois, absurdo, alegar, coma se está facendo, que a sua pertenza a título individual a esa organización é unha agresión ó BNG, ou a non menos absurda idea de que pode levar a confusión acerca da postura mairotiraria no seo da fronte. Anque tódolos militantes menos un pensasen deste xeito, a ese un haille que respeta-lo seu dereito á liberdade de expersión. Se confundimos a democracia coa ditadura da maioría podemos acabar xustificando o inxustificable. O BNG, no canto de ser respetuoso coa pluralidade interna da fronte, o que está a facer é deixar ben ás claras que, á hora da verdade, non é máis que a correa de transmisión da Unión do Pobo Galego". Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

29 parte débil?

Con qué alegría falamos de Estado terrorista! Anda que se nós padecésemos catro atentados coma o de Atocha ó ano íamos a ser moderados de carallo. Pero total, como está lonxe, arriba a demagoxia.

28 Xosé A. Pena

Israel, hoxe, é un estado terrorista. Esta afirmación é inapelabel. Desde unha óptica de soliedaridade, temos que estar cos palestinos. Outra cousa é compartir os extremismos relixiosos, os actos tamén terroristas...
O nacionalismo positivo, como é o galego, que non o español (que históricamente asesinou aos nacionalistas galegos, e ainda non pediu perdón), debe estar co máis débil, co palestino.

27 militante

Esta decisión non é da UPG, xa que está apoiada pola maioría do BNG, senón xa se verá.
Por suposto que debe ser expulso este impresentable.

26 Xosé Castro

Desde el jergón, pasa de ti mismo, no eres más que una víctima de la LOGSE... No te enteras de nada, bobo!!!

25 desde el jergón

Paulo, pasa del Xosé Castro.

Claro que no todas las fuerzas políticas de Israel ni todos los ciudadanos de Israel apoyan su actual política. Tampoco yo apoyaba a Fraga, ni a Franco.

Y diferenciemos entonces. Tú no lo haces, porque te sacas de la manga anti-israelismo para después asociarlo a antisemitismo... Esa es una maniobra burda. Y yo no soy "anti" israelí.

Pero de no ser "anti-israel" a ser "amigo" del Israel del 2007 hay un abismo, y un sofisma malo. Cuidado con las prestidigitaciones. Sois vosotros los "amigos" de Israel, no es que los demás seamos "anti-(pueblo de)israel". Ésto es lo determinante.

Yo estoy contra la ocupación ilegal israelí y éso no me convierte en ningun anti-israel y mucho menos anti-sionista (en la vieja acepción comunitarista del sionismo).

Insisto, me recordais a los amigos y defensores del castellano en Galicia, oprimidos por el español. Yo escribo en castellano pero no digo que el gallego me oprima y no me hago socio de AGLI...Vosotros fundais una Asociación cuyo objetivo es defender Israel, y llamais "victimistas" a los palestinos. Vosotros.

Yo digo, y tú tambén, que la política presente de Israel es expansionista y genocida y que no es apoyada por todo el pueblo, pero, oye, no se me ocurre fundar justo ahora, una asociación de Amizade Galiza- Israel. Es legítimo entonces pensar que lo que haceis es, precisamente, apoyar esta política. Veo normal que vuestra organización pida explicaciones por las declaraciones publicas, en cuanto que públicas e identificándolas con el Bloque, no individuales. Igual estais confundidos de afiliación partidaria.

Saludos, y los colonialistas que saquen sus sucias manos de Golda Meir.