Apertura de expediente no BNG por apoiar a Israel

Comentannos que o Consello Comarcal do BNG de Vigo deu un prazo de 15 días ao militante Pedro Gómez-Valadés para renunciar á Presidencia da recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/02/2007 | Actualizada ás 23:49

Comparte esta noticia

 A situación remóntase a hai uns meses, cando un militante desa comarca pasou a presidir a recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel, da que se fixo eco o seu confidencial. A asociación naceu para dar a coñecer a situación do conflicto árabe israelí dende a perspectiva de Israel, así como traballar contra a banalización da Shoá e outras actividades de carácter cultural.

Logo diso, comenzou a circular pola CIG de Vigo o rumor de que o citado militante, no fondo, facía todo isto porque estaba a soldo do Mossad. Lembro que, cando tal cousa oín, índa me botei unhas risas a conta da imaxinación que teñen algúns. Pero a cousa non quedou ahí.

Na Executiva Comarcal incluíuse un punto para tratar a "grave situación" que supuña a súa discordancia coa postura maioritaria no so do Bloque. Posteriormente, na Asamblea Local exixiron medidas contundentes contra ese militante, por terse atrevido a pensar distinto. O seguinte paso neste proceso foi tramita-lo asunto ante o Consello Local, que dada a magnitude da herexía decidiu remitírllelo, a súa vez, ó Consello Comarcal. Este último, cos votos da UPG, decidiu abrille un expediente, suspendelo de militancia e expulsar ó militante, se ben, nun alarde de democracia interna, doulle un prazo de quince días para abandoa-la asociación e volver ante o Consello Comarcal para implorar perdón pola súa conducta desviada. Nese prazo estamos agora.

Cando o citado militante asumiu a presidencia non o fixo como representante do Bloque Nacionalista Galego, senón a título persoal, coma parte da súa vida privada. De feito, o BNG nin sequera respondeu á invitación formal que se lle fixo dende a asociación para estar presente no seu acto de constitución, cousa que sí fixeron as demáis forzas políticas convidadas. É pois, absurdo, alegar, coma se está facendo, que a sua pertenza a título individual a esa organización é unha agresión ó BNG, ou a non menos absurda idea de que pode levar a confusión acerca da postura mairotiraria no seo da fronte. Anque tódolos militantes menos un pensasen deste xeito, a ese un haille que respeta-lo seu dereito á liberdade de expersión. Se confundimos a democracia coa ditadura da maioría podemos acabar xustificando o inxustificable. O BNG, no canto de ser respetuoso coa pluralidade interna da fronte, o que está a facer é deixar ben ás claras que, á hora da verdade, non é máis que a correa de transmisión da Unión do Pobo Galego". Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

24 Paulo

Si, a política do Estado de Israel é terrorista. Pero non todas as forzas políticas de Israel apoian esa política. Por tanto, diferenciemos.
Doutra banda, talvez sexa redundante afirmalo, pero moitas veces se esquece que o antiisraelismo acaba moitas veces en antisemitismo. Non coa frecuencia coa que cré o embaixador de Israel en Madrid, pero si moitas veces.
E, finalmente, o tal Xosé Castro semella añorar os tempos de gobernantes de nivel intelectual privilexado como Portomeñe, Diz Guedes ou o grande conselleiro de cultura que foi Pérez Varela. Hooligans doutra patria cuestionada, que é España (ah, non, xa sei, esa existe dende Atapuerca, faltaría máis, xa están eses radicalsiños falseando a Historia e os datos obxectivos, que ti ves moito pola tele). Se os teus argumentos só radican en que os demais son parvos e ti listo, só hai que dicir que farías grande papel en "Gran Hermano". Programa moi español, por certo. Auténtica patria cañí.

23 desde el jergón

Paulo, ¿defender el derecho de Israel a existir? Correcto, adelante. Pero no negarás que éso provoque suspicacias porque es precisamente Israel quien existe y okupa. No otros, no los de Gaza.

La cuestión es donde se cargan los apoyos y como, al apoyar a unos, inevitablemente se matiza o retira el apoyo a los otros, que son entonces unos "victimistas"...Igual que los gallegos, podríamos decir.

Y esa asociación es amiga de Israel -del estado, no de su pueblo, por cierto- y del Israel de hoy (OK)y, bueno, ahí están los palestinos...algo entonces harían ellos para que ese Israel amigo les levante un muro, ¿verdad?.

Dirás, las cosas no son blancas ni negras, no son tan fáciles...No. Pero los que hoy lo tienen negro no son aquellos a los que ofreceis vuestra amistad. Y el nacionalismo gallego "realmente existente", tiene ideal emancipatorio..que yo sepa. Bueno, también está el actual Partido Galeguista de Coruña, si quieres.

No es lo mismo simbólicamente defender el estado de Israel en 1947 que hacerlo hoy. Ni se defiende lo mismo. Esa defensa de un estado, acosado en tiempos, si, pero hoy completamente blindado y expansionista es tan redundante, para un gallego, como ésa asociación de Coruña que piden que se defienda el castellano en Galicia ante la imposición del gallego...El castellano ya existe en Galicia, y domina. Creo que éso es sabido por vosotros. El estado de Israel se defiende él solito (bueno, con ayuda USA),domina, y en 2007 masacra y condena a la miseria, al hambre y al suicidio a personas humanas.

Y si dentro de 10 años no lo hace, ojalá, no será por vuestra amistad. Ese rapaz, que no metiera al Bloque por el medio, o que sea consecuente y congruente, apande y no se haga la "víctima". Sempre chorando, os galegos, os palestinianos.

22 Xosé Castro

Os nazionalistas do BNG e a UPG son os hooligans da "raza". E ao igual que os futboleiros ingleses non son máis que a morralla da política. Moitos aínda non se decataron de que Lenin xa é unha momia, e por iso seguen a ser arribistas, sectarios e propagandistas dunha patria nova inexistente...
O nivel intelectual da maioría non acada os mínimos que son requeridos para resultar comprensibles. E agora que moitos trincaron, por fin, un sillón, síntense coma nenos con zapatos novos. Mais iso será a súa perdición, pois non poderán agochar o diñeiro que gastan en parvadas e adornos suntuosos nas consellerías que controlan.
O de Israel é o de menos. Eles aborrecen de Cristo, pero con Mahoma andarían de tazas... Que tropa!!!

21 Un

A información tal como aparece ten moitos elementos de clara manipulación: rumores na CIG, os votos pola apertura de expediente son da UPG (xa se sabe: a causa de todos os males), "implorar perdón pola súa conducta desviada", etc...
Máis indo á cerna da cuestión hai unha cousa clara: a política do estado de Israel é unha política terrorista contra os pobos da contorna, moi especialmente contra o pobo palestino. A destrución de casas, o arrincado de arbores, o roubo das augas e das mellores terras, os milleiros de presos sen xulgar, os máis dun millón de desprazados, os muros, os bloqueos, as palizas, os ataques con tanques, avións, artillaría, etc. é o terrorismo máis grave de oriente próximo. O terrorismo do palestino que se inmola co seu corpo ateigado de explosivos non é máis que a resposta desesperada de quen non ten máis vector de ataque que o seu propio corpo. Quen non o vexa así ou está cego ou é cómplice desa política terrorista.
Todo o anterior non ten nada a ver coa banalización da Shoá, cousa que eu rexeito con non menos forza coa que rexeito a política do estado de Israel.

20 galego de seu

É o mais normal do mundo, que o expulsen! Só faltaría!