Apertura de expediente no BNG por apoiar a Israel

Comentannos que o Consello Comarcal do BNG de Vigo deu un prazo de 15 días ao militante Pedro Gómez-Valadés para renunciar á Presidencia da recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/02/2007 | Actualizada ás 23:49

Comparte esta noticia

 A situación remóntase a hai uns meses, cando un militante desa comarca pasou a presidir a recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel, da que se fixo eco o seu confidencial. A asociación naceu para dar a coñecer a situación do conflicto árabe israelí dende a perspectiva de Israel, así como traballar contra a banalización da Shoá e outras actividades de carácter cultural.

Logo diso, comenzou a circular pola CIG de Vigo o rumor de que o citado militante, no fondo, facía todo isto porque estaba a soldo do Mossad. Lembro que, cando tal cousa oín, índa me botei unhas risas a conta da imaxinación que teñen algúns. Pero a cousa non quedou ahí.

Na Executiva Comarcal incluíuse un punto para tratar a "grave situación" que supuña a súa discordancia coa postura maioritaria no so do Bloque. Posteriormente, na Asamblea Local exixiron medidas contundentes contra ese militante, por terse atrevido a pensar distinto. O seguinte paso neste proceso foi tramita-lo asunto ante o Consello Local, que dada a magnitude da herexía decidiu remitírllelo, a súa vez, ó Consello Comarcal. Este último, cos votos da UPG, decidiu abrille un expediente, suspendelo de militancia e expulsar ó militante, se ben, nun alarde de democracia interna, doulle un prazo de quince días para abandoa-la asociación e volver ante o Consello Comarcal para implorar perdón pola súa conducta desviada. Nese prazo estamos agora.

Cando o citado militante asumiu a presidencia non o fixo como representante do Bloque Nacionalista Galego, senón a título persoal, coma parte da súa vida privada. De feito, o BNG nin sequera respondeu á invitación formal que se lle fixo dende a asociación para estar presente no seu acto de constitución, cousa que sí fixeron as demáis forzas políticas convidadas. É pois, absurdo, alegar, coma se está facendo, que a sua pertenza a título individual a esa organización é unha agresión ó BNG, ou a non menos absurda idea de que pode levar a confusión acerca da postura mairotiraria no seo da fronte. Anque tódolos militantes menos un pensasen deste xeito, a ese un haille que respeta-lo seu dereito á liberdade de expersión. Se confundimos a democracia coa ditadura da maioría podemos acabar xustificando o inxustificable. O BNG, no canto de ser respetuoso coa pluralidade interna da fronte, o que está a facer é deixar ben ás claras que, á hora da verdade, non é máis que a correa de transmisión da Unión do Pobo Galego". Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

19 Paulo

Aquí hai moitos que non opinan, oubean. E mestúranse allos con bugallos. Primeiro, todo nacionalista consecuente ha sentir certa admiración por varios dos logros do Estado de Israel, entre eles a resurreción (vía redefinición e modernización) dun idioma coma o hebreo. Segundo, todo nacionalista consecuente ha estar a prol da autodeterminación dos pobos. Por tanto, do palestino, Pero tamén inclúe iso o dereito do Estado de Israel á existencia. Terceiro, defender o dereito de Israel a existir non significa estar de acordo co Likud (partido conservador) ou cos plans expansionistas do "Grande Israel" que varios partidos e parte do Exército israelí defenden; do mesmo xeito que defender o dereito de Euskadi á autodeterminación non implica nin defender a ETA nin a imposición de métodos antidemocráticos. E, do mesmo xeito, a solidariedade coa causa palestina non implica xustificar calquera método, calquera asasinato, nin moito menos a rede de corruptelas, policía maltratadora e resaibos antidemocráticos da ANP, nomeadamente en tempo de Arafat. Non vexo por que o sr. presidente a Asociación de Amizade Galiza-Israel teña que demitir, cando esa asociación non se defende con formas de sionismo expansionista. Defende o dereito de Israel a existir, o que é moi lexítimo. Logo, expresemos as nosas preferencias sobre o como e de que maneira.
Por tanto: considerar que o "sionismo" é igual a invadir Líbano é tan falso como que os nostálxicos doutro xeneral e doutro tempo nos veñan agora con que defender a Israel é de liberais e neoconservadores. Non, defendamos como nacionalistas galegos demócratas o Israel de Golda Meir, de Ben Gurion, de Rabin e dos laboristas israelíes, e mais as posicións democráticas e dialogantes dentro do movemento palestino. E avoguemos por un acordo entre eles.

18 desde el jergón

Bueno, cada palo que aguante su vela, ¿no?. Cuando se presentó públicamente esa asociación yo lei en La Voz ,en texto entrecomillado de ese rapaz, que los palestinos eran un pueblo "aquejado de victimismo"...Hombre...Pues si habla así, que está en su derecho particular, civil y político,después no se queje si resulta que su discurso colisiona con el del Bloque, donde él voluntariamente milita y a quien él voluntariamente involucra. Era muy ambiguo a si la suya era opinión individual o opinión del BNG. De sus declaraciones parecía que era la posición del BNG...A mí desde luego me sorprendió.

Y éso, por lo menos cuando lo vi yo, dos semanas después de la excursión de Israel por el Libano.
El Derecho Internacional, ésa disciplina tan olvidada hoy, es para todos: Israel nació de la misma resolución que proclamaba el estado palestino. Hoy, el estado palestino no existe, es una autonomía (de Israel) y el estado palestino, desde el 67 ocupa ilegalmente militarmente territorios de los que es conminado, insistente e inútilmente, a salir por parte de (alguna) "comunidad internacional".

Y, a partir de ahí, se habla de lo que sea. La repugnancia ante una ocupación militar ilegal, creo que debiera ser consensual.

Lo que estoy viendo es que los del Bloque se matan entre ellos, igual que en " La Vida de Brian" :-)

17 Joám Mêndez

Ou seja, que agora o sempiterno "inimigo", que dentro do BNG continua sendo usado para justificar os reveses eleitorais, vai materializar-se numha conspiraçom judeu-massónica, nem mais nem menos... A que me soa a mim isso?

Acaso nom será, comunistilhos de mamadeira, que estades passados de moda; que o mundo mudou e nem vos queremos em ocidente nem tampouco vos querem para nada(mal que vos pese, ingénuos) os aiatolás nem os Bin Ladem de turno? Sodes uns çoquetes, um resíduo da Guerra Fria que vai ir esmorecendo aos poucos...

16 galego do común

Hai que ser no BNG coma os do psoe, todo o mundo ten liberdade de pensar como queira sempre que traia votos ó partido.
Fai pouco un amigo socialista coruñés comentábame indignado o morro do Partido Galeguista por presentarse na Coruña co lema en castelán e o uso do topónimo La Coruña. Obviamente eu díxenlle que Paco Vázquez tamén dixo sempre que era galeguista e o PSOE dí que é un partido galeguista e presenta a Paco Vázquez, ¿cal era a diferencia?. No BNG non pode estar calquera, só os nacionalistas, se non eres nacionalista galego equivocácheste de partido.

15 galego do común

O estado de israel non é símbolo de democracia nen de pacifismo nen de unha conduta antiimperialista. Mais ben todo o contrario. Os israelitas tacharíanme de antisemita por dicir isto, máis son moitos anos de opresión do pobo palestino, lembremos o recente bombardeo durante 3 semanas do Líbano co permiso de todos (cantos mortos civís houbo, seguro que todos eran terroristas). Non son antisemita, en Israel a un israelí non se lle trasfunde sangue dunha persoa que non sexa xudeo inda que sexa do seu mesmo grupo sanguíneo ¿quen é o racista aquí?. O estado de Israel pretende ser un estado exclusivamente xudeo cousa incompatible no mundo actual globalizado.Non creo que se deba expulsar a ninguén por apoiar a Israel, máis sí creo que esa persoa non está ben informada do que é e representa o estado de Israel no mundo.