Apertura de expediente no BNG por apoiar a Israel

Comentannos que o Consello Comarcal do BNG de Vigo deu un prazo de 15 días ao militante Pedro Gómez-Valadés para renunciar á Presidencia da recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/02/2007 | Actualizada ás 23:49

Comparte esta noticia

 A situación remóntase a hai uns meses, cando un militante desa comarca pasou a presidir a recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel, da que se fixo eco o seu confidencial. A asociación naceu para dar a coñecer a situación do conflicto árabe israelí dende a perspectiva de Israel, así como traballar contra a banalización da Shoá e outras actividades de carácter cultural.

Logo diso, comenzou a circular pola CIG de Vigo o rumor de que o citado militante, no fondo, facía todo isto porque estaba a soldo do Mossad. Lembro que, cando tal cousa oín, índa me botei unhas risas a conta da imaxinación que teñen algúns. Pero a cousa non quedou ahí.

Na Executiva Comarcal incluíuse un punto para tratar a "grave situación" que supuña a súa discordancia coa postura maioritaria no so do Bloque. Posteriormente, na Asamblea Local exixiron medidas contundentes contra ese militante, por terse atrevido a pensar distinto. O seguinte paso neste proceso foi tramita-lo asunto ante o Consello Local, que dada a magnitude da herexía decidiu remitírllelo, a súa vez, ó Consello Comarcal. Este último, cos votos da UPG, decidiu abrille un expediente, suspendelo de militancia e expulsar ó militante, se ben, nun alarde de democracia interna, doulle un prazo de quince días para abandoa-la asociación e volver ante o Consello Comarcal para implorar perdón pola súa conducta desviada. Nese prazo estamos agora.

Cando o citado militante asumiu a presidencia non o fixo como representante do Bloque Nacionalista Galego, senón a título persoal, coma parte da súa vida privada. De feito, o BNG nin sequera respondeu á invitación formal que se lle fixo dende a asociación para estar presente no seu acto de constitución, cousa que sí fixeron as demáis forzas políticas convidadas. É pois, absurdo, alegar, coma se está facendo, que a sua pertenza a título individual a esa organización é unha agresión ó BNG, ou a non menos absurda idea de que pode levar a confusión acerca da postura mairotiraria no seo da fronte. Anque tódolos militantes menos un pensasen deste xeito, a ese un haille que respeta-lo seu dereito á liberdade de expersión. Se confundimos a democracia coa ditadura da maioría podemos acabar xustificando o inxustificable. O BNG, no canto de ser respetuoso coa pluralidade interna da fronte, o que está a facer é deixar ben ás claras que, á hora da verdade, non é máis que a correa de transmisión da Unión do Pobo Galego". Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

14 Denantes morto que escravo

Jesús, no te pases de listo. Non hai noticia algunha de que os palestinos usen aos seus pícaros como escudos, seica eses eran os talibáns (segundo informaron axencias estadounidenses hai pouco). Por certo, talibáns hainos de moitas pelaxes distintas... (a los hechos -y los dichos- me remito)

13 ollodevidro

Penso que é un erro non ver o papel que está a xogar o Estado de isreal ao servizo dos USA no mundo e en especial no Oriente medio... outra cousa son os xudeos.
E outra cousa é a liberdasde de pensar e opinar ....mesmo para os militantes do BNG, digo eu.

12 Eduardo

Xoan, esa resolución foi promovida durante a guerra fría por parte do bloque soviético para desgastar a imaxe do aliado dos EUA na zona. De feito, apenas un par de anos despois de que caera o muro de Berlín foi revogada.

11 Jesús

¿A quien sorprende el marxismo-leninismo del UPG y BNG? Ellos siempre lo pregonaron pero muchos se resisten a creerlo
Hay que defender a los que ponen niños en primera linea de fuego para después pasear los ataúdes en plan propaganda de lo malo que son los israelies.

10 fusquenlla

Recordar que o das purgas e expulsións no BNG( promovidas pola UPG) non é nada novo. Non recordades que un membro do Consello Comarcal de Ferrol e membro co Consello Nacional foi expulsado do BNG por estar en contra da construcción dunha Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol