Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2025 | Actualizada ás 15:04
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reiterou a súa posición de "tolerancia cero" coa corrupción e asegurou que "caia quen caia" débese "ir ata o fondo".
Así o afirmou este xoves en Muros, consultada polos medios de comunicación sobre o informe da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil que implicaría ao secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, no cobro de comisións pola adxudicación ilegal de obras públicas.
"A corrupción non se pode tolerar nunca porque fai un dano enorme á democracia", remarcou Pontón, á vez que incidiu no descrédito da política que é "xusto o que menos necesita".
Todo iso, advertiu, nun momento no que os "discursos da extrema dereita empezan a calar máis entre diversos sectores da poboación".
Pontón lembrou que o BNG xa ten solicitada a comparecencia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, no Congreso para que de explicacións necesarias ante un caso que "repugna" ao BNG.
"Esiximos que haxa a máxima transparencia e a máxima contundencia", apuntou ante un caso ao que cualificou de "inadmisible". A continuación, ha recrodado que o PP "non está en condicións" de dar leccións de ética porque é un partido condenado por corrupción.
"O partido da caixa B, o de Bárcenas, o de M.Rajoy, o partido que en Galicia permitiu un sobrecusto de 470 millóns de euros no hospital Álvaro Cunqueiro", apuntou, á vez que asegurou que o PP "non é unha alternativa de rexeneración democrática".
VIVENDA PÚBLICA
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pide ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que "deixe de seguir o guión" que lle marcan desde Génova e acepte a proposta presentada na Conferencia de Presidentes para alcanzar un novo acordo estatal que permita triplicar o orzamento destinado á vivenda pública.
"Parécenos moi grave que, a día de hoxe, a Xunta non aceptase a proposta da última Conferencia de Presidentes que supón triplicar o investimento en vivenda pública", criticou Pontón este xoves nun acto en Muros.
Neste sentido, lembrou que o acceso á vivenda é "un dos problemas máis importantes" dos galegos e a Xunta, lonxe de dar resposta, contribuíu dinamitando durante 16 anos a política social de vivenda" e "permanecendo de brazos cruzados" mentres os alugueres soben "sen tomar ningunha medida".
A continuación, Pontón lembrou que o Executivo gallegó "deixou sen executar 27 millóns de euros" en 2024, polo que pediu a Rueda que "abandone a propoganda e pasar aos feitos".
"Cremos que un goberno que en 2024 deixou sen executar 127 millóns de euros en materia de vivenda, o que ten que facer é dicir con claridade que se van a incrementar os recursos para contruir máis vivenda pública yq ue non imos deixar pasar a oportunidade de poder ter máis recursos para dedicalos ás políticas de vivenda", apuntou Pontón.
A lídes nacionalista instou aos populares galegos a "ser máis eficaces" na getión dos recursos, xa que cando un goberno anuncia recursos que "despois non executa, o que está é instalado na política da propaganda".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.