Apertura de expediente no BNG por apoiar a Israel

Comentannos que o Consello Comarcal do BNG de Vigo deu un prazo de 15 días ao militante Pedro Gómez-Valadés para renunciar á Presidencia da recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/02/2007 | Actualizada ás 23:49

Comparte esta noticia

 A situación remóntase a hai uns meses, cando un militante desa comarca pasou a presidir a recentemente creada Asociación Galega de Amizade con Israel, da que se fixo eco o seu confidencial. A asociación naceu para dar a coñecer a situación do conflicto árabe israelí dende a perspectiva de Israel, así como traballar contra a banalización da Shoá e outras actividades de carácter cultural.

Logo diso, comenzou a circular pola CIG de Vigo o rumor de que o citado militante, no fondo, facía todo isto porque estaba a soldo do Mossad. Lembro que, cando tal cousa oín, índa me botei unhas risas a conta da imaxinación que teñen algúns. Pero a cousa non quedou ahí.

Na Executiva Comarcal incluíuse un punto para tratar a "grave situación" que supuña a súa discordancia coa postura maioritaria no so do Bloque. Posteriormente, na Asamblea Local exixiron medidas contundentes contra ese militante, por terse atrevido a pensar distinto. O seguinte paso neste proceso foi tramita-lo asunto ante o Consello Local, que dada a magnitude da herexía decidiu remitírllelo, a súa vez, ó Consello Comarcal. Este último, cos votos da UPG, decidiu abrille un expediente, suspendelo de militancia e expulsar ó militante, se ben, nun alarde de democracia interna, doulle un prazo de quince días para abandoa-la asociación e volver ante o Consello Comarcal para implorar perdón pola súa conducta desviada. Nese prazo estamos agora.

Cando o citado militante asumiu a presidencia non o fixo como representante do Bloque Nacionalista Galego, senón a título persoal, coma parte da súa vida privada. De feito, o BNG nin sequera respondeu á invitación formal que se lle fixo dende a asociación para estar presente no seu acto de constitución, cousa que sí fixeron as demáis forzas políticas convidadas. É pois, absurdo, alegar, coma se está facendo, que a sua pertenza a título individual a esa organización é unha agresión ó BNG, ou a non menos absurda idea de que pode levar a confusión acerca da postura mairotiraria no seo da fronte. Anque tódolos militantes menos un pensasen deste xeito, a ese un haille que respeta-lo seu dereito á liberdade de expersión. Se confundimos a democracia coa ditadura da maioría podemos acabar xustificando o inxustificable. O BNG, no canto de ser respetuoso coa pluralidade interna da fronte, o que está a facer é deixar ben ás claras que, á hora da verdade, non é máis que a correa de transmisión da Unión do Pobo Galego". Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

9 Xoan

Non se pode andar tan enrabexado. Aqui non se opina, oubéase. Nen un mal argumento.
A cousa é simple. o 25 de xullo ondea a bandeira palestina, en recoñecemento e solidadaridade con este pobo, asoballado polo estado de israel, plamación acutal do sionismo (ideoloxia condenada pola ONU, Res. 242, creo). Este o posicionamento do BNG. E non se pode ir contra un posicionamento básico do partido. Cada un que pense o que lle pete, pero hai que saber onde se está, se non o se é un imbécil, ou se fai un un imbécil. Eu son do BNG, e non penso acougar nun partido no que un "tonto" ou aproveitado se poña a defender o que lle pete. Calquera día vai algún cristiño defendendo LA COROGNE, e non lle podes dicir nada porque non respectas a liberdade de opinion do susodito.

Ser do BNG tamén supon compartir unha visión do mundo, en puntos básicos. Que non a comparta que se vaia!. Eu creo que o lle vai a esta paisano é a farándula. Xa temos farándula de máis.

8 Alevino Ranpante

Isto demostra o caracter demokratico do Bloque

7 lagaitaenlacabeza

Sabrán situar estos UPGaiteiros a Israel en el mapa? Pensarán que Ben Gurion era un españolista? Por qué no proponer kibutzs patriota-galaicos? Montarán una fiesta musulmana y llamarán al hermano de Fernando Blanco para que les coloque el chiringo (previo pago por la Consellería de Cultura de otros 180 mil euros)? Los policías que denunciaron a Losada se apellidaban Cohen o Herlz? Otra vez la entente masona-sionista-españolista contra el Bng, esto es intolerable, Antonio Losada, salvanos de los judios.

6 XAN DAS BOLAS

É increíble. E os militantes do Bloque que falan español no seu centro de traballo? E os militantes que falan un pésimo galego? E aqueles que no seu choio son de ccoo ou de ugt? e os que lucen bandeiras republicanas españolas nas suas lapelas?... A POR ELES TAMÉN. IMPÍOS PATRIOTAS.

Seguide así, tracsa tracsiña, que liberaredes o país.

5 de aquí

jaja una vez más demostrándose que este grupúsculo no es más que un nido de sectarios, radicales y aprendices de Stalin y Lenin...

Bienvenidos a las purgas!!!!! Viva el libre pensamiento upegallo!!!!!!