Pontevedra será unha das dez cidades embaixadoras da carreira virtual Ponle Freno 2021

O evento, impulsado por Atresmedia e a Fundación AXA, celebrarase de xeito sincronizado en toda España nas modalidades de 5 e 10 quilómetros durante a fin de semana do 19 e 20 de xuño.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2021 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

A carreira solidaria Ponle Freno regresa no 2021 logo de conseguir o ano pasado un récord de participación con máis de 35.000 corredores. Pontevedra foi elexida, un ano máis, unha das cidades embaixadoras. O evento, impulsado por Atresmedia en colaboración ca Fundación AXA e a Rede de Talleres CGA como patrocinador oficial, desenvolverase de xeito sincronizado en toda España a través da App PFV a fin de semana do 19 e 20 de xuño nas modalidades de 5 e 10 quilómetros.

Carreira Ponle Freno - Cedida
Carreira Ponle Freno - Cedida

A proba comezará ás 6:00 horas do sábado 19 de xuño ata ás 23:00 horas do domingo 20, período durante o cal o usuario debe completar a distancia seleccionada (5 ou 10 quilómetros) e, mediante a App descargada no seu móbil, subir o resultado.

O concellerio de Deportes, Tino Fernández, anima a participar. "A recadación das inscricións irá destinada integramente a un proxecto en apoio ás vítimas de accidentes e tráfico. Aquí correr salva vidas", expón. As inscricións xa están abertas na plataforma carrerasponlefreno.com e as clasificacións estarán dispoñibles na web oficial a partir do luns 21 de xuño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta