Seis persoas feridas nun accidente múltiple en Poio

Houbo tres coches impliados nunha colisión na noite deste xoves nun punto no que previamente houbera outro sinistro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2021 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Seis persoas foron evacuadas a varios hospitais ao resultar feridas nun accidente múltiple con tres vehículos implicados no municipio pontevedrés de Poio na noite deste xoves. Supostamente os restos dunha saída de vía causaron unha colisión posterior. Segundo informou o 112 Galicia, na primeira chamada recibida no servizo de emerxencias indicouse que o sinistro ocorreu sobre as 22,30 horas deste xoves.

Un particular contactou co servizo de emerxencias para informar dunha colisión por alcance entre tres vehículos na avenida de Os Encoirados. Nesa mesma chamada sinalou que na estrada había restos coma se, minutos antes, houbera outro accidente. Pouco despois, outra persoa tamén chamou ao 112 para indicar que, nese mesmo punto, houbo unha saída de vía e, a uns 200 metros, outro accidente con varios coches implicados.

Por iso, o 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Pontevedra, ao GES de Sanxenxo, á Policía Local e a Protección Civil de Poio.

Ao lugar o 061 enviou dúas ambulancias, unha de soporte vital avanzado e outra básico, para atender a seis pacientes. A primeiro levou ao Hospital Montecelo a unha moza de 24 anos, L.G.G.; e a outro centro hospitalario a unha muller de 50 anos, M.J.B.C., e un home de 69, J.L.M.A., confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Pola súa banda, a ambulancia de soporte vital básico trasladou ao Hospital Domínguez a un home de 65 anos, M.G.E.; e ás mulleres C.G.G., de 64 anos, e A.L.M. de 65, indicaron fontes sanitarias.

Accidente de tráfico
Accidente de tráfico | Fonte: GARDA CIVIL

SAÍDA DE VÍA PREVIA

Ademais, os Bombeiros de Pontevedra apuntaron como posible causa do accidente unha saída de vía previa, pola que quedaron restos na calzada e que provocaron a posterior colisión por alcance de tres vehículos.

Finalmente, para manter e restablecer a seguridade da vía, os xestores do CIAE-112 tamén requiriron a intervención dos servizos de mantemento da estrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta