Morre unha muller ao sufrir unha indisposición na praia de Muíños, en Muxía

Un helicóptero desprazouse á zona pero só se puido confirmar o seu falecemento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2021 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

Unha muller perdeu a vida ao sufrir unha indisposición en cando se atopaba no mar na praia de Muíños, no municipio coruñés de Muxía. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, varias persoas sacárona do agual e, tras ser atendida polos servizos santiarios, estes efectivos só puideron confirmar o seu fallecimietno.

O persoal do 112 Galicia recibiu a alerta da situación a través de varias persoas particulares. Tras iso, pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Muxía.

Helicóptero desprazado á praia de Muíños, Muxía, pola indisposición dunha muller que rematou falecendo
Helicóptero desprazado á praia de Muíños, Muxía, pola indisposición dunha muller que rematou falecendo | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta