O BNG propón implantar unha materia obrigatoria para educar contra a violencia de xénero

Retirar a custodia de fillos en caso de malos tratos e avaliar o risco para menores en casos de violencia machista, entra as medidas do BNG.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/06/2021 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, propuxo implantar no sistema educativo unha materia específica e obrigatoria en igualade que sensibilice contra a violencia machista. Nunha rolda de prensa ofrecida este luns na Cámara galega, Pontón destacou que a súa formación traballa, xunto co resto dos grupos, para que a proposición de lei de violencia vicaria impulsada polo BNG quede aprobada antes de finalizar o actual período de sesións.

"Esta lei debe servir para reforzar a loita contra a violencia de xénero, centrándose no elo máis débil da cadea como son os menores e, por iso, a norma debe acompañarse de máis recursos, tanto na prevención como na protección", indicou. Xunto coa petición de máis medios, a líder dos nacionalistas galegos puxo o foco na educación como ferramenta imprescindible para combater a violencia contra as mulleres, para o que pide no sistema educativo esta materia específica. "Educación, educación, educación en igualdade debe ser a prioridade", incidiu.

Así mesmo, apela a unha maior implicación dos medios de comunicación, en particular dos de titularidade pública que, na súa opinión, deberían ter na súa programación de forma permanente campañas, programas e contidos específicos que sensibilicen contra a violencia de xénero e promovan a igual.

"UN MALTRATADOR NON É UN BO PAI"

No terreo da protección, Pontón asegurou que "un maltratador non é un bo pai" polo que pide modificar a lexislación para que cada vez que haxa un caso de violencia machista desde a xustiza se revise o réxime de custodia e de visitas. Entre as medidas que propuxo tamén figura revisar os protocolos dos puntos de encontro familiar e crear un mecanismo específico para valorar o nivel de risco no que se poidan atopar os fillos e fillas das mulleres que sofren violencia machista.

E, ao mesmo tempo, aumentar os puntos de encontro "porque a día de hoxe só existen nas cidades e iso implica que, por exemplo, unha nai que vive en Burela ou na Fonsagrada ten que facer un sobre esforzo desprazándose a Lugo e moitas veces non pode ter acceso a un servizo que é importante nesa situación de violencia machista", concluíu.

POSICIÓN DO PP

Pola súa banda, preguntado pola tramitación da proposición de lei sobre a violencia vicaria, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, destacou que a Xunta xa deu cobertura ás vítimas de violencia vicaria "adiantándose ao pacto de estado". "Non só creo que hai que facelo, senón que felicito a Galicia por facelo adiantándose", destacou Puy, quen defendeu que foi "un dos primeiros lugares nos que ese está a facer".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta