A Xunta pedirá un plan de desenvolvemento dixital aos institutos galegos

Consistirá nun documento de autoevaluación coa fin de coñecer as súas "fortalezas e debilidades", segundo apuntan dende a Consellería.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2021 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

As competencias dixitais, o benestar emocional e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable 2030 son os principais eixos do 'Plan de Formación do Profesorado' para o curso 2021/22 que este martes presentou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. fNun acto celebrado no Edificio CINC da Cidade da Cultura, o titular educativo da Xunta detallou que se ofertarán "máis de 6.000 accións formativas" por máis de 110.000 horas de contido, co obxectivo de chegar a 40.000 docentes participantes.

Estes cursos, que poden ser tanto presenciais como en formato 'en liña' estarán organizados por toda Galicia en sete centros de referencia no sete cidades: o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), situado en Santiago de Compostela; máis os Centros de Formación e Recursos (CFR) da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Rodríguez, durante a súa intervención ante decenas de responsables destas instalacións, sinalou á dixitalización do ensino como un dos eixos do plan, porque "xa non é o futuro, senón o presente". De feito, trátase dun proceso no que a Xunta "xa leva tempo traballando", pero que a pandemia acelerou. é que, nesta conxuntura, os docentes "deben ter competencias e ser capaces de manexarse no mundo dixital tanto a nivel didáctico como formativo" e en todas as etapas educativas.

PLAN DIXITAL DE CENTROS

Neste contexto, o conselleiro anunciou que todos os centros deberán dispor o próximo ano dun plan dixital que consistirá nun documento de autoevaluación co fin de coñecer as súas "fortalezas e debilidades" en competencias dixitais. Será, ademais, unha base para implementar as accións necesarias en cada caso.

Así mesmo, na liña da 'Estratexia Dixital de Galicia 2030' marcada pola Xunta, farase fincapé na mellora das competencias STEM --siglas en inglés de 'ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas'-- por parte do corpo docente co fin de asegurar o reto da Consellería de incorporar a intelixencia artificial a todos os niveis educativos.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no pleno. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no pleno. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta