Gonzalo Caballero cre que a rebaixa das peaxes é máis importante que o traspaso da titularidade da AP-9

O secretario xeral do PSdeG asegura que a súa formación apoia ese traspaso que o PSOE pretende impedir.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/06/2021 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que a súa formación apoia o traspaso da titularidade da autoestrada AP-9 a Galicia, pero subliña que o "prioritario" os socialistas é a "rebaixa histórica das peaxes".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero | Fonte: PSdeG,

"O prioritario para nós é a histórica rebaixa das peaxes, pero tamén apoiamos a transferencia da autoestrada a Galicia, sempre que esta non poña en perigo ou sexa un obstáculo para a rebaixa", sostivo o dirixente socialista.

Así se pronunciou nun comunicado remitido aos medios despois de que a fin de semana transcendese que o PSOE presentou no Congreso varias emendas á lei orgánica que transferirá á Xunta de Galicia a AP-9 (cuxo trámite foi desbloqueado esta mesma semana pola Mesa da Cámara), de modo que este traspaso soamente afectaría á "administración e explotación" e non á súa titularidade, que continuaría sendo estatal.

O xefe de filas dos socialistas galegos subliña que manteñen a súa posición sobre a transferencia, pero insiste en que "o primeiro" agora mesmo é a rebaixa. "Queremos que ambas as cuestións sexan unha realidade, pero as bonificacións son o urxente, xa que é o que reverte directamente sobre o peto dos galegos e galegas", incidiu.

Segundo Caballero, "parece que a concesionaria non está conforme coas rebaixas", polo que non "se sabe como vai reaccionar a empresa ante o Estado, que si vai rebaixar as peaxes". Por iso, sinalou que se está ante unhas "semanas centrais" para a execución destes descontos e é necesario "ver como evoluciona" a negociación con Audasa, así como os informes preceptivos.

Por último, o dirixente socialista reivindicou as bonificacións do Goberno de Pedro Sánchez e do ministro Ábalos como "un feito histórico para a mobilidade en Galicia" cando o compromiso se vai a materializar durante 27 anos de bonificacións para acabar co "agasallo envelenado" que supuxo a ampliación da concesión da AP-9 que asinou Aznar ata 2048.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Nin rebaixas nin titularidade ! Esto vai rematar coma factura da luz, se pagas 100 te rebaixan 6 ! Resultado pagas 94, o doble do que pagabas hai un ano ! Velaí a contabilidade creativa dos Socialistas !