Acoden a Quintana tras o caso da AGAI

Remitennos unha carta, asinada por 53 persoas do mundo cultural e político, dirixida a Anxo Quintana e titulada "respetar ás minorías para gañar á sociedade", tras as presións do Consello Comarcal de Vigo contra o presidente da AGAI, Pedro Gómez-Valadés. Tamén militantes nacionalistas de EN se teñen dirixido, a través dunha misiva, ao candidato do BNG en Vigo, Santiago Domínguez Olveira.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/03/2007 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

O pluralismo interno é un valor no BNG cuxo significado vai máis alá dunha formulación meramente teórica. Para unha forza política con aspiracións a ser maioritaria na sociedade, o respecto efectivo ás minorías é fundamental por tres razóns:

1. Porque é o exemplo do modelo social e cultural da Galiza do futuro, onde todos e todas debemos ter cabida independentemente da nosa filiación política e ideolóxica, onde mesmo os non nacionalistas han compartir dereitos e obrigas con nós para a construción do noso país.

2. Porque o noso modelo organizativo está así concibido, admitindose a presentación de listas diversas que responden a sensibilidades diversas. Así se plasmou na última Asemblea Nacional, sendo considerado como unha riqueza e non unha debilidade do BNG.

3. E finalmente, e o máis importante, porque a mesma formulación dos Dereitos humanos individuais sempre debe preceder a calquera consideración de carácter colectivista. Isto é unha esixencia que toda a sociedade e non só BNG debe apoiar: todo deterioro destes principios en calquera lugar inicia a pendente que nos leva ao totalitarismo.O BNG iniciou un proceso de expulsión dun dos nosos afiliados. Primeiramente, votou a súa consideración de "militante de segunda" (sen posibilidade de acceso a cargos) en razón da súa pertenza a unha asociación legal e democrática, - ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL - que, como o seu nome indica, busca a amizade e a concordia entre os pobos. Dita purga vén motivada por unha lectura maniquea e unilateral dun conflito complexo e difícil; e é un atallo do colectivismo que viola os artigos 18,19 e 20 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e que contradí o principio do pluralismo e respecto ás minorias, situándonos nun novo escenario dentro do BNG:

1. Aniquila o sistema organizativo e representativo do que nos dotamos, e substitúeo por un sistema de purgas e imposicións de maiorías circunstanciais que crea inestabilidade e medo á depuración como novos principios organizativos.

2. Desmobiliza e retrae os nosos apoios sociais que observan eses novos principios organizativos de depuración como a pauta a seguir por un futuro BNG maioritario.

3. Converte unha determinada opinión de análise política internacional en filtro de pertenza plena á organización. A ideoloxía que resulta do filtrado é que o "antiimperialismo" que di defender o BNG renuncia ao acervo democrático occidental Ademais o antiimperialismo non debería estar por riba do pluralismo político, da liberdade de expresión e do dereito á discrepancia pública.É por iso que chamamos á solidariedade dos nosos compañeiros e compañeiras, dos nosos representantes institucionais e políticos, e mesmo de toda a sociedade para amparar un dereito humano e democrático. Reivindicamos o respecto ás minorías en favor de toda a sociedade galega.

 

   

01 - Xoán Bernárdez Vilar

02 - Abel Anxo García López

03 - Manuel Feás Sánchez

04 - Cesar Pazos Carreiro

05 - Mª Isabel Ferreiro Rodríguez

06 - Fernando del Rio Iglesias

07 - Francisco X.Lores Ínsua

08 - Xurxo Gregorio Vaqueiro

09 - José Henrique Pérez Rodríguez

10 - Florentino Pinheiro Vasques

11 - Xose Carlos Morell Gonzalez

12 - Xoan Xesús Rozas Neira

13 - Iago Pillado Losada

14 - Natalia Costas Alonso

15 - Fernando Acuña Rúa

16 - Henrique Monteagudo Romero

17 - Fernando Rodríguez Dacosta

18 - Miguel Mato Fondo

19 - Xosé María Moreno Villar

20 - Vitor Manuel Meirinho Guede

21 - MªLuisa Varela Nogueiras

22 - Alberte Mahía Rodríguez

23 - Felipe Gómez Morgade

24 - Francisco Xavier Freire Chico

25 - Carlos Pérez Sainz

26 - David Álvarez López

27 - Francisco Lores Santacecilia

28 - Alexandre Fernández Villaverde

29 - Alberte Vila González

30 - Gonzalo Cao Sousa

31 - Manoel Santos Díaz

32 - Quico Recondo Martínez

33 - Xosé Manuel Garcia Garcia

34 - Xosé Manuel Xil Ramos

35 - Xosé-Henrique Costas González

36 - Antonio Rodríguez Sampayo

37 - Diego González López

38 - Patricia Pampillón Vila

39 - Carlos Nuevo Cal

40 - Marta Toledano Funes

41 - Rosendo Gonzalo Covelo Roma

42 - Carlos Alonso Valladares

43 - Xavier Gómez Curras

44 - Xose Gómez Quintela

45 - Xosé Vixande López

46 - Daniel Monteagudo Ferreira

47 - Xavier González Carreira

48 - Manuel Currás Meira

49 - Susana Seoane Dovigo

50 - Heliodoro Álvarez Conde

51 - Xusto Molejón Valoria

52 - Xoaquín de Acosta Beiras

53 - Carlos Teixeira Rivas

 

Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

32 Manoel Santos

Eu non asinei isto

31 Liberdade

AGAI di que defenden o dereito de Israel a existir...pero Israel xa existe e ten mais de 200 cabezas nucleares. Fai uns meses atacou e invadiu o país veciño (Libano) asesinando a mais de 1000 inocentes e manten a mais de tres millóns de persoas privadas de todo dereito en Cisxordania e Gaza. AGAI e como una Asociación de Amizade con a Sudáfrica do Apartheid.

30 Verdade

AGAI é un pequeno clon de norteamericano AIPAC, una asociación presuntamente cultural pero que ten como único fin lexitimar o ataque militar a Irán, que posue as terceiras reservas de petróeo do Mundo, aparte de xustificar o sistema de Apartheid en Israel cando tiñan que defender a sua supresión e a formación de un único estado israelí sen discmiminación por motivos étnicos ou relixiosos.

29 Galicia Confidencial » Blog Archive » Malestar no BNG co presidente da AGAI

[...] Non gustou, especialmente, o envío de sendas cartas ao voceiro nacional, Anxo Quintana, e ao candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Santi Domínguez Olveira, nin tampouco a difusión deste asunto entre os medios e as institucións israelís. Pero o que máis molestou no BNG é a implicación directa do Goberno israelí, quen a través do seu embaixador criticou as medidas “antidemocráticas” que lle pretenden aplicar ao presidente da AGAI polo seu apoio ao pobo xudeu.  [...]

28 Jesús

Caca, culo, pis, mierda, ….
.. O moinante