CxG dispara contra Besteiro

Xoán Báscuas cre que Xosé Ramón Besteiro “é unha expectativa truncada”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/12/2013 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Leva un mes como líder do PSdeG e Xosé Ramón Besteiro xa está sendo criticado e xa non só polo PPdeG, senón tamén por Compromiso por Galicia (CxG), formación coa que, por outra banda, non mantivo ningún tipo de encontro oficial desde a súa chegada á dirección do Partido Socialista en Galicia.

Xoán Báscuas nas primarias de Compromiso por Galicia
Xoán Báscuas nas primarias de Compromiso por Galicia

Así, o secretario Xeral de CxG, Xoán Bascuas, vén de cualificar a Besteiro como “unha expectativa truncada”. Estas declaracións realizáronse despois dun encontro con militantes e simpatizantes en Pontevedra, e onde, preguntado polas primeiras semanas de xestión de José Ramón Gómez Besteiro, o líder galeguista cualificounas como “máis do mesmo”.

Bascuas entende que no PSdeG-PSOE “todo segue igual, ou peor”, xa que as primeiras accións levadas a cabo polo seu Secretario Xeral “responden ás vellas formas de facer política, e non distan tanto das do PP como nos queren facer ver”. Neste sentido, criticou o nomeamento de Méndez Romeu como Portavoz parlamentario “transmitindo á cidadanía unha mensaxe moi negativa, coas vellas caras da política de sempre en Galicia”. Tamén polas “bochornosas” declaracións abrindo a porta á privatización dos hospitais públicos, “ou como lle gusta dicir a el, a externalización da xestión e de certos servizos”. 

"Despacho no Hórreo"

"Logo colocouse un despacho no Hórreo, non sabemos se porque non se fía do seu grupo parlamentario ou porque non lle chega co que ten no Pino, á vez que quere blindarlle un retiro dourado a Pachi Vázquez colocándoo na Mesa do Parlamento, con chófer incluído”, engadiu o líder de CxG. 

Ademais, Bascuas criticou a intención de Feijóo e Besteiro de recortar o Parlamento de Galicia, "reducindo a súa pluralidade e apostando pola consolidación do bipartidismo moi en consonancia cos valores do socialismo”. Finalmente, criticou a Besteiro por "facerlle seguidismo ao PP" por apoiar o canon de Sogama na FEGAMP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

8 undevijo

Este é o que quitou menos votos que Mario conde e Rosa Diez,non?

1 Galicia independente

Este é o partido que lle pode roubar espacio a PP e PSOE: galeguista, europeísta, que busca atraer votantes ó nacionalismo, que aposta pola radicalidade democrática,de centro-esquerda e que abarca un espacio socioelectoral do centro-dereita nacionalista á esquerda renovadora.

7 Rayleigh

Estooooo...algún día veremos algunha critiquiña ó PP deste grupiño que entran nun 600? Critican ó BNG, critican ó SOE, critican a AGE...e o PP meus nenos? Seica non existe? En vez de poñer unha cuña na dereita para restarlle votos, pois nada...a repartirse o 50% dos votos totais xunto con 10-20 partidos máis. Sonche listillos coma eles sós!!

1 seino

Anda, ao palanganeiro do Beneguai incomodalle que lle poidan quitar un anaaaco da tarta!

6 Costadamorte

Nisto concordo con Bascuas, (e coa maioría dos opinantes)... Non gosto de Besteiro..., dame moi malas vibracións!... Fussh... fusssh...

5 lugues

Non facia falta esperar tanto, de Besteiro sabemos en Lugo polo seu "traballo" no concello e na deputacion seguindo o modelo de favores herdado do Cacharro. Facendo que fai, tratando de quedar ben con todos e sen tocar as estruturas de poder caciquil de sempre. E coa complicidade do BNG a cambio de manter a catro colocados. Besteiro e mais do mesmo!

4 seino

Que medo lle tedes, un partido nacionalista moderado e moderno moito mal lle pode facer ao centralismo do PP e do PSOE ( e non veñades co conto de que o PSdeG decide aquí, xa se viu co PSC foi Rubalcaba e o PSC recuou das súas posicións cara un federalismo no que os dirixentes do PSOE non cren)